Amosando publicacións coa etiqueta Animación na rúa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación na rúa. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de decembro de 2022

Nadal na rúa

  Por invitación da Deputación Provincial e dentro do programa Tradigalu o Orfeón Lucense participou como outros anos na animación da rúa no Nadal. 

  Actuamos os días 20 de decembro na rúa San Pedro e na Praza Maior e o 27 na rúa da Raíña e na Praza do Campo entoando panxoliñas de diferentes épocas e estilos para acompañar con harmonías e ledicia o devir da vida dos lucenses.

   O repertorio interpretado foi o seguinte:

   - Dadme albricias. Anónimo S. XVII. Cancioneiro de Upsala.

   - Gaudete. Piae Cantiones 1582

   - Los Reyes siguen la estrella. F. Guerrero.

   - En una choza. M. Praetorius.

   - Adeste fideles. J. Reading.

   - Na noite máis fermosa. Adap. V. R. Abeijón.

   - Linda noite. Popular do Algarve.

   - Señor, oye mi voz. A. Cuevas Castillo.

   - Ya viene la vieja. Trad. español.

   - Noite boa. J. Castiñeira.

   - Dime, Niño. Popular.

   - Hacia Belén va una burra. Pop. Córdoba.

   - Noche de paz. F. Gruber.

   Na imaxe un momento da actuación na rúa da Raíña.




venres, 31 de decembro de 2021

O Orfeón anima as rúas no Nadal

   Tal como estaba previsto, os días 27 e 30 de decembro saímos ás rúas da cidade para animar e acompañar con panxoliñas a vida dos lucenses.

   Percorremos os fermosos recantos do recinto histórico: Rúa de San Pedro, Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo. Lugares con engado que coas luces e os cantos de Nadal adquiren un calor e ambiente diferente.

    Agradecemos sempre a todos os que se paran a escoitarnos a súa xentileza e  atención nestes días de ir e vir, de encontros con amigos e de paseos e xogos infantís.

   O repertorio interpretado polo Orfeón nestes días foi o seguinte:

       - En una choza. M. Praetorius.

       - Linda Noite. Popular do Algarve.

       - Noiteboa. X. Castiñeira.

       - Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

       - Nosa Señora. Recollida popular.

       - Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

       - Adeste fideles. J. Reading.

       - Noche de Dios. F. X. Gruber. Harm.: X. Castiñeira.


Animación na rúa. Nadal 2021

   O Concello de Lugo patrocina a actividade cultural de Animación nas rúas da cidade durante os días de Nadal. A nosa formación coral participará aportando interpretacións das panxoliñas máis populares do noso repertorio coa finalidade de atraer a atención dos viandantes e facer máis belos se cabe os recantos, fermosos en si mesmos, do centro histórico de Lugo

    As distintas agrupacións vocais lucenses amenizarán a vida dos seus conveciños que o desexen nos días e horas que figuran no seguinte calendario:




sábado, 4 de xaneiro de 2020

Nadal 2019 na rúa

Esta agrupación coral participou, como vén sendo habitual, na animación das rúas lucenses neste nadal interpretando os seus cantos. Foi durante os días 2 e 3 do presente mes de xaneiro.

Ofrecemos unha selección de panxoliñas de diferentes culturas e cantos tradicionais aos ouvintes, a quen agradecemos a súa presenza, a súa participación e o agarimo de sempre.

As pezas interpretadas nestes recitais foron as seguintes:

- Linda noite. Popular do Algarve.
- Na noite máis fermosa. Popular bretón. Arr. V. R. Abeijón.
- Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca. Arr. E. Pettman.
- Drop, drop slow tears. O. Gibbons.
- Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés. Arr. D. Antolí i Plaza.
- Noite de Deus. F. X. Gruber. Arr. X. Castiñeira.
- Noite boa. X. Castiñeira.
- La vieja. Tradicional española. Arr. A. Parker e R. Shaw.
- Ó rama, ó que linda rama. Popular portuguesa. Arr. A. Martins.
- O voso galo comadre. M. Groba.
- Cando vexas. Popular galega. Arr. X. Castiñeira.



         Cantando na Praza Maior





domingo, 30 de decembro de 2018

Nadal na rúa 2018

Participamos na actividade Nadal pola provincia, organizada pola Deputación de Lugo, animando a rúa cos nosos cantos o 28 de decembro na Porta do Bispo Aguirre, na Praza Maior e na Praza de Santa María. Aquí as imaxes: