mércores, 19 de agosto de 2026

Canta con nós!!

    GÚSTACHE CANTAR? 

    Queres pertencer a un grupo humano que, ademais de  cantar, 

  • Socializa. 
  • Aumenta a memoria.  
  • Mellora a capacidade pulmonar cada día.
  • Sincroniza alentos e emocións cos compañeiros mediante a música. 
  • Reduce o estrés e esquece as preocupacións. 
  • Traballa en equipo. 
  • Crea lazos de amizade duradeiros. 
  • Libera endorfinas a tope que fan aos seus membros máis felices.
  • Desfruta aprendendo e creando sons que son arte.
  • Eleva o ánmo e a vitalidade??????????.....

    Se é así, ven ao lugar axeitado.  

    Preme no enlace e  PONTE  EN  CONTACTO  CONNOSCO!!!




    

luns, 17 de agosto de 2026

Misa de Nosa Señora 2026

    O Orfeón Lucense participou este sábado na misa solemne de Nosa Señora que, baixo a advocación da Virxe dos Ollos Grandes, é a patroa de Lugo. 

  Celebrouse na Catedral e estivo presidida polo prelado da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, concelebrada por varios cóengos asistidos por ministros auxiliares e contou coa asistencia dos membros da corporación municipal e outras autoridades ademais de numerosos fieis.

  O Orfeón, dirixido por Sara Nebra e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e Andrés Gutiérrez, interpretou o seguinte repertorio:

  • Himno a la Virgen de los Ojos Grandes. Ángel Garrote /Julián Ortiz.
  • Kyrie en Ré Majeur. Jean  Paul Lécot / Paul Décha.
  • Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Alléluia. Isauro García Ramos.
  • Nitida stella. Anónimo S. XVIII. Harm. M. Gemmani.
  • Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Agnus Dei de la Messe "Peuples de la Terre". Gioachino Rossini / Jean Paul Lécot.
  • Ave Maria. Tomás Luis de Victoria.
  • Anima Christi. Marco Frisina.

 Ao finalizar a misa, os oficiantes, autoridades e fieis desprazáronse ata o camarín da Virxe dos Ollos Grandes. Alí a nosa compañeira Ángeles Rodríguez Fontela pronunciou unha plegaria á que sucedeu a ofrenda floral presentada pola alcaldesa da cidade, Elena Candia.  Mentras tanto no coro da sé soaba a Cantiga 77 de Afonso X O Sabio de título Da que Deus mamou, na que se narra un milagre sucedido en Lugo: a curación dunha muller tolleita  por mediación da Virxe.

  Sobre a singular beleza e o significado da capela na que se venera á nosa patroa enlazamos aquí, por consideralo de interese, un traballo de Dolores Vila Jato, da Universidade de Santiago, publicado pola Universidade de Valencia baixo o título de La capilla de la Virgen de los Ojos Grandes de la Catedral de Lugo, un espacio de exhaltación mariana.

  Hai que sinalar que nesta actuación tivemos a honra de contar  con dous cantores de excepción: Lidia Basterretxea, soprano profesional e profesora de Canto e Giulio Mercati, organista, compositor, profesor e director artístico do Festival Internacional de Música de Órgano da Diócese de Lugo, ambos residentes en Saronno (Italia), cun amplo desenvolvemento profesional no eido da Música e as artes escénicas en diferentes lugares de Europa. Os dous son amigos da nosa agrupación coral aos que agradecemos a súa presenza.

  Por outra parte, nesta actuación remata unha nova etapa do Orfeón baixo a dirección de Sara Nebra, quen cesa a petición propia por incompatibilidade coa súa actividade profesional como profesora de Canto e a quen agradecemos a súa aportación durante este curso.

   Nas imaxes, en sentido descendente: un momento da celebración, a ofrenda e a lectura da plegaria por Ángeles Rodríguez Fontela e unha imaxe do Orfeón Lucense con Sara Nebra.