xoves, 17 de maio de 2018

No Día das Letras



 Dous momentos da actuación do Orfeón lucense durante o concerto das corais de Lugo neste Día das Letras Galegas.
 Foi diante do busto de Eduardo Pondal, e as pezas interpretadas foron A nena da fonte (con letra de Curros Enríquez) e Meu amor é mariñeiro (con letra de Xosé Luís Rivas, Mini).



domingo, 13 de maio de 2018

Rectificación

Nos carteis informativos do Concerto do Día das Letras Galegas, editados con anterioridade produciuse un erro ao poñer a hora, a hora real do Concerto son as 18.30 h., rogamos a máxima difusión do cambio para previr posibles confusións... Grazas por compartir.



sábado, 12 de maio de 2018

Letras Galegas

Vivalugo, o diario cultura de Lugo, recolle na edición de hoxe a seguinte noticia: 


Lugo cantaralle ás Letras Galegas. Así o vén de anunciar a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a representantes dalgunhas das agrupacións corais e orfeóns que ofrecerán un concerto o propio 17 de maio, nun acto que tivo lugar no patio central do Vello Cárcere.
O acto comezará ás 18.30 horas, e as agrupacións corais participantes percorrerán cos seus cantares a rúa Aguirre e o lateral da Praza Maior, deténdose nos diferentes bustos de figuras destacadas da nosa literatura. 
O Orfeón Lucense actuará en quinto lugar, interpretando diante do monumento a Eduardo Pondal A nena da fonte, de Curros, e O meu amor é mariñeiro.
Máis información, entrando aquí.

sábado, 5 de maio de 2018

Medallas Castelao: Preto de 1.800 adhesións para Xesús Mato


A finais da pasada semana tíñanse remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello Xesús Mato Mato.
Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucións ou empresas. Entre as últimas adhesións colectivas recibidas hai empresas (Maderas Besteiro, Gráficas Lucenses, Editorial Galaxia…); Centros educativos (Instituto Lucus Augusti, Politécnico, Colexio Ramón Piñeiro, Colexio Fingoi, Escola Aulos…); Parroquias (San Francisco Javier, Alta, Veral, Mera….); Corais (Orfeón Xoán Montes, Ecos do Miño; Rosalía de Castro, Sorozábal e Pleamar, de Bizcaia; Coral do Concello de Sarria…), Asociacións (Círculo das Artes de Lugo, La Unión de Sarria, Casa de Galicia de Santurtzi, Rosalía de Castro de Barakaldo, Centro Galego de Llodio, Asociación Senior de Telefónica ou Voluntarios da Cruz Vermella de Sarria…), Concellos (O Corgo, Páramo…); Asociacións de veciños (Nova Abella, Pena, Guillar, Galegos, Vicinte ou San Mamede dos Ánxeles…); así como de Paradela a Asociación de Mulleres Rurais, S.D. Paradela, ou Montes en Man Común.
En Galicia 24 horas (5.05.2018)