Amosando publicacións coa etiqueta Capela do Carme. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Capela do Carme. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de xullo de 2022

Misa da Nosa Señora do Carme

  Onte, 16 de xullo, celebrouse na capela do Carme a misa na honra da súa padroa e o Orfeón foi invitado a amenizar musicalmente este solemne acto.

   O repertorio interpretado foi o seguinte:

   - A Vós, Reina venimos. Fr. José J. de la Natividad, C.D.

   - Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.

   - Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.

   - Alleluia (Cántico dell'Agnello). M. Frisina.

   - Deus do Universo. L. Olano.

   - Santo. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

   - Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

   - O Pan do Ceo. X. Portas Ferro.

   Despois da celebración iniciouse unha procesión até a catedral seguida por numeroso público e alí o Orfeón despediu a celebración cantando o Himno a la Virgen del Carmen.

   Na imaxe dous momentos previos ó inicio da solemnidade.

     



sábado, 17 de xullo de 2021

Misa da Nosa Señora do Carme

   Este ano fomos invitados por primeira vez a cantar a Misa da Nosa Señora do Carme na capela do seu nome. Chamounos a atención a beleza da construción pero tamén o deterioro de varios elementos que a conforman. Non obstante, estaba ateigada de fieis, moitos dos cales tiveron que seguir a cerimonia desde o exterior.

   O Orfeón Lucense cantou desde o coro o seguinte repertorio:

- Himno a la Virgen del Carmen.

- Gloria. J. P. Lécot.

- Aleluya. I. G. Ramos.

- O Salutaris. L. Perosi.

- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.

- Ave María. T. L. De Victoria.

- Hija del pueblo, María. A. Taulé.


   Na imaxe, o momento da chegada do Orfeón ao coro da capela.