sábado, 28 de abril de 2018

mércores, 25 de abril de 2018

Os méritos de Xesús Mato para recibir a Medalla Castelao


"Pídoche e mesmo che suplico que non movas un dedo para ningunha homenaxe ou distinción que se me puidera facer en Lalín. Pódoche dar razóns dabondo para non facer nada nesa liña. Espero que o comprendas e que, segundo fuches o primeiro en ceibar ideas, sexas tamén o primeiro en dar marcha atrás. Iso agardo de ti...". Así de contundente se amosaba o sacerdote e bo amigo noso Xesús Mato Mato, cando vai para dous anos publicabamos un artigo gabando o seu labor pastoral, social e cultural en Lalín e comarca a finais dos anos 50 e a merecida homenaxe popular que os habitantes destas terras tiñan pendente de lle tributar.

Comeza deste xeito o artigo de Daniel González Alén publicado o 25 de Abril de 2018 en La Voz de Galicia. Podemos lelo enteiro entrando aquí


luns, 23 de abril de 2018

"Xesús Mato, medalla Castelao", por Xulio Xiz

O Orfeón Lucense, querendo que se recoñecese publicamente o labor do seu Director emérito, Xesús Mato, pediulle ao seu concello natal de Paradela, que o ten declarado Fillo Predilecto, que solicitase da Xunta de Galicia que lle fose concedida unha das Medallas Castelao deste ano.
O pleno do Concello de Paradela, acordou por unanimidade pedirlle á Xunta esa medalla para Xesús Mato, e desde entón non pararon de chegar ao Concello escritos de apoio de particulares e institucións, sendo xa varios centos as adhesións recibidas. 
O nome de Xesús Mato está xa na nosa historia, pola súa limpa e fonda traxectoria en diversos eidos da vida de Galicia. 
Como musicólogo, investigador e espallador da nosa música, creou coros xuvenís ao comezo dos anos setenta, e deses grupos naceu –el foi o promotor- o mítico grupo Fuxan os ventos, que en 1972 gañou un festival da canción en Mondoñedo (con letra e música de Mato), e conseguíu que os galegos amásemos a nosa música e que as cancions en galego invadisen Galicia. Mato é a alma mater de “Galicia canta ao neno”, que percorreu Galicia cun cento de actuacións de cantos do Nadal no rural onde foran gardados con agarimo durante séculos. E inspirou a aparición do Grupo A Quenlla, sendo o pai musical de persoeiros como Mini e Mero, que tanto dignificaron a canción popular deste país. Foi tamén Director do Orfeón Lucense.
Como xornalista, foi Delegado de Medios da Diocese e redactor e asesor de Radio Popular. Como activista social, foi abandeirado de Auxilia Lugo, a entidade que fixo visibles aos minusválidos da capital e provincia, e que catro décadas despois segue a ter una actividade que sabemos imprescindible.
 Por fin, como crego, na súa primeira parroquia de Lalín impulsou a construción de vivendas para xente necesitada, e despois dunha intensa etapa lucense, retirouse á montaña lucense onde serviu media ducia de parroquias difíciles, ailladas, durante un cuarto de século.
Agora, con 85 anos, vive en Portomarín, dedicado á súa familia, aos amigos, e oficiando a diario a Misa do Peregrino. A Medalla Castelao honrarase, e honrará a memoria de quen toma o nome, se a recibe Xesús Mato.

Artigo de Xulio Xiz en Galicia Dixital (23.04.2018) 

domingo, 1 de abril de 2018

Pascua


A partir das 11'30 horas, na Catedral de Lugo, solemne Misa Pontifical de Resurrección, en que o Orfeón Lucense cantará o seguinte repertorio:

ENTRADAJesús nuestra  Pascua (CLN)
MISA de F. Palazón: Señor, Gloria, Cordero de Dios, Santo.
ASPERSIÓNUn solo Señor (CLN)
SALMO: Este es el día que actuó el Señor (LDS 129)
SECUENCIA EVANXEOVictimae paschali laudes (salmista) 
ALELUIA de I. G. Ramos.
DOXOLOXÍA: Amén (Hoesse) 
COMUÑÓNTi es o pan do ceo (Xosé Portas-I. García) 
COMUÑÓN IIJesus bleibet, de J.S. Bach.
FINALReina del Cielo, de J. Castiñeira.