domingo, 12 de xuño de 2016

Ordenación en Samos



O venres 10 ás 18h tivo lugar a ordenación sacerdotal de José Antonio Morcillo Iniesta OSB na igrexa do Mosteiro de San Xulián de Samos. José Antonio recibira a ordenación como diácono e agora como presbítero. 
Na cerimonia, presidida polo Sr. Bispo da diocese de Lugo, cantou o Orfeón Lucense o seguinte repertorio: 
 Kyrie, Gloria, Agnus Dei e Sanctus da Missa brevis de Jacob de Haan. 
 O salutaris hostia de L. Perosi. 
 Ave verum corpus de Mozart.
Benedicat vobis, de Händel.
Aleluia, de Isauro G. Ramos.
Canticorum jubilo, de Händel. 
Misericordes sicut Pater, himno do Ano da Misericordia. 
 

sábado, 4 de xuño de 2016

Ofrenda


O domingo 5 de xuño, ás 12 do mediodía, terá lugar na SICB de Lugo a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo. Presidirá a cerimonia Monseñor Leonardo Lemos, Bispo de Ourense, e actuará como oferente o Alcalde desa cidade.
O Orfeón Lucense  cantará o seguinte repertorio: 
Alégrese o Ceo.
Misa Galega, de José Castiñeira.
Contade as marabillas do Señor, de M. Carneiro.
Aleluia, de Isauro García Ramos
O Pan do Ceo, de X. Portas Fero e Isauro García Ramos.
Quédate, Señor, connosco, de Manuel Feixoo.
Ave verum, de W.A. Mozart. 

venres, 3 de xuño de 2016

Vésperas

Lugo celebra o sábado 4 de xuño ás 20h na Catedral as Vésperas solemnes da Oitava de Corpus Christi e o domingo a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo, que nesta ocasión será realizada polo alcalde de Ourense Jesús Vázquez.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibirá ás autoridades participantes, que se desprazarán, en comitiva, ata a Catedral de Santa María, onde ás 12:00 horas comezará a celebración da solemnidade da Oitava de Corpus, presidida polo bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos Montanet.
A intervención musical corre a cargo do Orfeón Lucense.
As confrarías de Semana Santa acudirán, cos seus estandartes e bandeiras, á Eucaristía e á posterior procesión. Antes, ás 11:30 horas repartirán bolsas con pétalos na porta da igrexa dos Franciscanos a quen desexen colaborar coa choiva de pétalos ao paso do Santísimo Sacramento polas rúas.
en A nosa voz (3.06.2016)