sábado, 25 de maio de 2019

Festival de Música Cidade de Lugo e XLVII Semana de Música do Corpus

   Acaba de comezar o evento musical de máis relevancia na nosa provincia, O Festival de Música Cidade de Lugo e a XLVII Semana de Música do Corpus, na que se inclúe o VI Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo.
   Ó longo dun mes teremos ocasión de escoitar figuras senlleiras nacionais e internacionais que nos permitirán desfrutar deste belo arte nas súas diversas manifestacións.
   Para non perder ningún dos seus actos adxuntamos aquí o programa oficial:





sábado, 18 de maio de 2019

Día das Letras Galegas no Vello Cárcere

   O Vello Cárcere acolleu neste Día das Letras Galegas a nove coros de Lugo que cos seus cantos honraron a nosa literatura: Coral Lugh, Coral Xolda, Coro do Hospital, Coral Ecos Do Miño, Cantar Delas, Coral Amigos do Camiño,  Orfeón Xoán Montes, Solo Voces e Orfeón Lucense que interpretaron dúas pezas galegas de forma individual. 
   A continuación todas as mulleres entonaron O pensar do labrego, todos os homes, Lonxe da terriña; ambas baladas de Xoán Montes e finalmente todos os asistentes pecharon o acto coa interpretación do Himno Galego.
   Inserimos aquí unha das composicións que interpretou o Orfeón Lucense: O meu amor mariñeiro.


mércores, 8 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

O venres, 17 de maio, a Praza Maior volverá a resoar coas voces dos coros de Lugo para render homenaxe aos nosos escritores. Este ano corresponde ensalzar a vida e obra de Antón Fraguas, escritor, historiador, profesor, antropólogo e etnógrafo galeguista.
O Orfeón estará presente no evento interpretando dúas fermosas pezas, tal como figura no programa que se adxunta. Eis o díptico publicado polo Concello de Lugo: