O Vello Cárcere acolleu neste Día das Letras Galegas a nove coros de Lugo que cos seus cantos honraron a nosa literatura: Coral Lugh, Coral Xolda, Coro do Hospital, Coral Ecos Do Miño, Cantar Delas, Coral Amigos do Camiño, Orfeón Xoán Montes, Solo Voces e Orfeón Lucense que interpretaron dúas pezas galegas de forma individual.
A continuación todas as mulleres entonaron O pensar do labrego, todos os homes, Lonxe da terriña; ambas baladas de Xoán Montes e finalmente todos os asistentes pecharon o acto coa interpretación do Himno Galego.
Inserimos aquí unha das composicións que interpretou o Orfeón Lucense: O meu amor mariñeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario