Amosando publicacións coa etiqueta Banda Filarmónica de Lugo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Banda Filarmónica de Lugo. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de xuño de 2022

Corpus Christi 2022

  Con ameaza de treboada na Praza de Santa María, a Banda Filarmónica, o Coro do Hospital e o Orfeón Lucense, colocámonos na entrada norte da Catedral ao abrigo do pórtico para protexernos das probables chuvieiras que puideran caer. Presididos  polo espléndido pantocrator, agardamos o inicio da liturxia do día.

 A cerimonia do Corpus Christi estivo rexida por Monseñor Carrasco Rouco, contou coa asistencia das autoridades e de numerosos fieis.

 A agrupación de música tradicional Os Xílgaros e unha agrupación de vento tamén formaron parte activa no acompañamento musical do acto.

 A Banda Filarmónica e as dúas corais estiveron dirixidas por Iván Martínez Sabio coa intervención de Marcos Fernández Mosquera nalgunhas pezas e o acompañamento de D. Luís Varela Castiñeira ao órgano.  Os intervintes na parte musical tivemos a honra de estrear unha Misa Solemne escrita por D. Xosé Castiñeira e harmonizada para banda por Uxío Domínguez Darriba, sobriño neto do compositor.

 Ademais das pezas instrumentais as agrupacións ofreceron o seguinte repertorio vocal:

   - Hoy proclamamos firmemente. L. Burgeoise.
   - Señor ten piedad. Misa Solemne. X. Castiñeira.
   - Gloria. Misa Solemne. X. Castiñeira.
   - Salmo: Tú eres sacerdote eterno.
   - Alléluia dit Irlandais. F. O'Caroll e L. Deiss
   - Santo. Misa Solemne. X. Castiñeira.
   - Cordero de Dios. Misa Solemne. X. Castiñeira.
   - Pescador de hombres. C. Gabaráin. Harm.: B. Corona.
   - Jesus bleivet meine feude. J. S. Bach.

   Nas imaxes, dous momentos da celebración:






luns, 4 de xuño de 2018

Corpus Christi

O Orfeón Lucense, a Coral Xeral Calde e a Banda Filarmónica de Lugo, cantaron onte na Praza de Santa María a Missa Brevis Sancti Joannis de Deo de Haydn, entre outras pezas.