Con ameaza de treboada na Praza de Santa María, a Banda Filarmónica, o Coro do Hospital e o Orfeón Lucense, colocámonos na entrada norte da Catedral ao abrigo do pórtico para protexernos das probables chuvieiras que puideran caer. Presididos polo espléndido pantocrator, agardamos o inicio da liturxia do día.
A cerimonia do Corpus Christi estivo rexida por Monseñor Carrasco Rouco, contou coa asistencia das autoridades e de numerosos fieis.
A agrupación de música tradicional Os Xílgaros e unha agrupación de vento tamén formaron parte activa no acompañamento musical do acto.
A Banda Filarmónica e as dúas corais estiveron dirixidas por Iván Martínez Sabio coa intervención de Marcos Fernández Mosquera nalgunhas pezas e o acompañamento de D. Luís Varela Castiñeira ao órgano. Os intervintes na parte musical tivemos a honra de estrear unha Misa Solemne escrita por D. Xosé Castiñeira e harmonizada para banda por Uxío Domínguez Darriba, sobriño neto do compositor.
Ademais das pezas instrumentais as agrupacións ofreceron o seguinte repertorio vocal:
- Hoy proclamamos firmemente. L. Burgeoise.
- Señor ten piedad. Misa Solemne. X. Castiñeira.
- Gloria. Misa Solemne. X. Castiñeira.
- Salmo: Tú eres sacerdote eterno.
- Alléluia dit Irlandais. F. O'Caroll e L. Deiss
- Santo. Misa Solemne. X. Castiñeira.
- Cordero de Dios. Misa Solemne. X. Castiñeira.
- Pescador de hombres. C. Gabaráin. Harm.: B. Corona.
- Jesus bleivet meine feude. J. S. Bach.
Nas imaxes, dous momentos da celebración:
Ningún comentario:
Publicar un comentario