Celebramos este ano o 350 aniversario da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Dita ofrenda tén orixe na axuda que a Catedral de Lugo solicitou en 1618 ao rei Felipe III para realzar a adoración ao Santísimo exposto en dita sé.
O formato actual deste acto arranca en 1925, ano no que se decidiu que un representante de cada unha das sete cidades do Antigo Reino de Galicia fose quen presentase a ofrenda cada ano.
Nesta ocasión a oferente foi a cidade irmá de Santiago de Compostela representada polo seu alcalde José Sánchez Bugallo a quen respostou o arcebispo de dita cidade Julián Barrio Barrio, que ademais presidiu a liturxia.
Estiveron presentes o cabildo catedralicio, os bispos de Galicia e Astorga, diferentes autoridades civís e militares e numerosos fieis.
O Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e Silvia Nadela Villarino en Ubi caritas, acompañou cos seus cantos a cerimonia interpretando o seguinte repertorio:
- Con ledicia vimos. A. Fdez León.
- Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Salmo: O Señor é o meu pastor.
- Alleluia dit Irlandais. F. O' Caroll e L. Deiss.
- Ubi Caritas. O. Gjeilo.
- Santo. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Año de Deus. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Eucaristía. Taizé - Fdez. León.
- Ave verum. W. A. Mozart.
Eis o vídeo da celebración, por xentileza da canle de Youtube da Diócese de Lugo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario