Finalizado o primeiro trimestre prodúcese un cambio na dirección do Orfeón Lucense. Por motivos persoais e de forma temporal deixa de exercer esta función Marcos Manuel Fernández Mosquera e toman o relevo Silvia Nadela Villarino e Sara Pérez Cruz, ambas compoñentes desta formación.
Amosando publicacións coa etiqueta Marcos Manuel Fernández Mosquera b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marcos Manuel Fernández Mosquera b>. Amosar todas as publicacións
venres, 31 de xaneiro de 2020
luns, 30 de decembro de 2019
Nadal 2019 (VII)
Unha composición moderna interpretada a dúo:
Perhaps love.
Música: John Denver.
Solistas: Marcos Manuel Fernández Mosquera e Francisco Javier Schofield.
Piano: Nacho Samena.
Piano: Nacho Samena.
venres, 5 de xullo de 2019
Mañá, II Noite Coral
Como colofón ao Curso de Música Litúrxica Lucense, mañá terá lugar a II Noite Coral. Como xa se dixo no post anterior, é un circuito de concertos interpretados polas voces da nosa cidade que se desenvolverá no seguinte orde:
CONCERTO I:
Capela de San Roque, 21.00-21.20 h. Grupo Vocal Solo Voces. Dirixido por Fernando G. Jácome
CONCERTO II:
Igrexa Parroquial de Santiago a Nova, 21.30-21.50 h. Coral do Hospital Xeral Calde. Dirixido por Fernando G. Jácome.
CONCERTO III:
Igrexa Parroquial de San Froilán, 22.00-22.20 h. Gruppo Vocale San Bernardo (Saronno, Italia) & Mascoulisse Quartet. Dirixido por Giulio Mercati.
CONCERTO IV:
Igrexa Parroquial de San Pedro, 22.30-22.50 h. Orfeón Lucense. Dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera
CONCERTO FINAL: Catedral de Lugo, 23.00-23.30 h. Participan todos os grupos anteriores e ademais, Mattia Marelli (órgano). Dirixido por Giulio Mercati.
Esta actividade, fermosa tanto en si mesma como polo feito de reunir aos cantores de diversas procedencias, está organizada polo Centro Eucarístico Lucense, que tén o mérito de facerse visible por iniciativas tan encomiables como a que teremos ocasión de presenciar mañá.
Etiquetas:
Actuacións 2019,
Catedral,
Fernando G. Jácome,
Giulio Mercati,
Marcos Manuel Fernández Mosquera,
Mattia Marelli,
Noite coral,
Outros coros
venres, 28 de decembro de 2018
Solistas do Concerto de Nadal 2018 (2)
Continuamos cos nosos solistas do Concerto de Nadal:
Sara Cruz e Silvia Nadela, sopranos. Divertiron e sorprenderon aos presentes interpretando con boa impostación e expresividade o Duetto buffo di due gatti de Gioachino Rossini. Estiveron acompañadas ó piano por Carlos Rodríguez, aportando entre os tres a nota máis humorística do concerto.
Marcos Manuel Fernández Mosquera, director do Orfeón Lucense. Ademais das funcións propias do seu cargo, interpretou coa súa voz cálida e expresiva un vilancico con texto tomado do folklore español que adaptou e compuxo o portorriqueño Amaury Veray. O seu título, Villancico yaucano. Ó piano, Carlos Rodríguez.
Nacho Samena, pianista e mago. Actuou como pianista acompañante en diversas pezas e ademais púxolle o acento máxico ó noso Nadal. Co fondo musical do Hallelujah de Leonard Cohen cantado polo Orfeón, asombrou aos asistentes facendo xurdir da nada a iluminación dunha árbore de Nadal.
Nacho Samena, pianista e mago. Actuou como pianista acompañante en diversas pezas e ademais púxolle o acento máxico ó noso Nadal. Co fondo musical do Hallelujah de Leonard Cohen cantado polo Orfeón, asombrou aos asistentes facendo xurdir da nada a iluminación dunha árbore de Nadal.
Etiquetas:
A Nova,
Actuacións 2018,
Carlos Rodríguez,
Concerto de Nadal,
Concertos,
Marcos Manuel Fernández Mosquera,
Nacho Samena,
Sara Cruz,
Silvia Nadela,
Solistas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)