domingo, 29 de setembro de 2019

Con Xesús Mato

Este sábado, 28 de setembro, Día dos avós en Paradela, acompañamos ó noso director emérito, Xesús Mato, nun emotivo acto que se celebrou no Mercado de dita vila.
Tras a intervención do alcalde, José Manuel Mato, de Marisol Bravos, da presentación a cargo do noso presidente, Xulio Xiz, e da intervención da Banda de Paradela, celebrouse unha misa, seguida dun pequeno concerto do Orfeón Lucense e un xantar de confraternidade.
Ó remate do mesmo o alcalde pronunciou unhas palabras versando a xuntanza e honrou ao noso director emérito, Xesús Mato. El agradeceu as mostras de cariño e o apoio á súa candidatura á Medalla Castelao que lle foi concedida o pasado ano. Por último a Banda puxo final á reunión.

O Orfeón estivo presente en todo momento aportando a súa música co cariño e admiración de sempre ao noso director emérito e amigo.

Pezas interpretadas na misa:
- Alrededor de tu mesa. F. Palazón
- Halleluja. L. Cohen
- Santo. Misa galega. Xosé Castiñeira
- Quédate, Señor, connosco. A. Viró
- Hija del pueblo, María. A. Taulé

Pezas do pequeno concerto:
- Compañeira. X. L. Rivas Cruz
- O voso galo. Tradicional


venres, 20 de setembro de 2019

Aniversario

O vindeiro domingo, 22 de setembro, celebrarase unha misa na catedral por cumprirse o primeiro aniversario de que a Xunta de Galicia proclamara a Semana Santa Lucense como festa de interese turístico galego. 
O Orfeón congratúlase e espera que o recoñecemento sexa pronto a nivel nacional.

O repertorio que interpretará nesta ocasión é o seguinte:
- Entrada: Alrededor de tu mesa. F. Palazón
- Señor ten piedad, Gloria, Cordero de Dios. F. Palazón
- Salmo: Alabad al Señor que alza al pobre. Elizalde
- Aleluya. I, García Ramos
- Comuñón: Pan de vida nueva. M. Frisina
                   Jesu!, Rex admirabilis. G.P. da Palestrina.












venres, 6 de setembro de 2019

Voltamos!!!






Seis de setembro. O día chegou. 
Voltamos!!! 
Emoción polo reencontro. Novas forzas. A punto para o comezo do seguinte percorrido musical.
Outros retos, outros lugares que se engaden aos xa habituais. Outras persoas...
Benvidos aos novos compoñentes e que as musas e o tesón nos acompañen