Amosando publicacións coa etiqueta Pregón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pregón. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de abril de 2025

Concerto no Pregón de Semana Santa 2025

     O pasado mércores, 9 de abril, o Orfeón foi convidado a cantar como introdución ao Pregón da Semana Santa pronunciado pola mestra e escritora lucense Marica Campo e  que se celebrou na Igrexa da Nova desta cidade.

    O repertorio dirixido por Marcos Fernández Mosquera e interpretado polo Orfeón neste concerto foi o seguinte:

  • Jesu dulcis memoria (S. B. del Claraval) e Jesu! Rex admirabilis (G.P. da Palestrina).
  • Tradiderunt me. T. L. de Vitoria.
  • Miserere. G. Donizetti. Versettos 16, 18.
  • In Monte Olivetti. J. Naujalis.
  • Morgengesang. N.W. Gade
    Finalizado o breve recital Marica Campo pronunciou o Pregón no que fixo un percorrido polas vivencias da Semana Santa desde a súa infancia no Val do Mao ata Lugo, para ela un acontecemento, no que lle chamaban a atención os cofrades descalzos ou encadeados, a solta dun preso no cárcere, agora Vello Cárcere, ou a propia grandiosidade dos desfiles procesionais dirixidos por D. José Ferro.
    
    Reivindicou o dereito a expresar as súas crenzas relixiosas e puxo o acento na farsa que supón chorar a Cristo no Calvario e non conmoverse cos mortos de Gaza ou de Ucraína. A esa farsa ténse referido o escritor do Rexurdimento Curros Enríquez, quen a pesar de ser anticlerical era profundamente cristián; pois defendía que o sacrificio de Cristo fora "un dos sacrificios máis grandes dos que hai memoria" así como que "os Cristos de agora non son homes, son pobos" para cuxa supervivencia deberíamos ter, segundo a pregoeira, "pan e amor compartidos na paz e no coidado da terra que habitamos" xa que o único pack de supervivencia eficaz é o amor.

    Quedámonos con estas fermosas mensaxes que subscribimos e acompañamos dúas imaxes do acto tomadas de El Progreso 9/04/2025.





    

mércores, 20 de marzo de 2024

Concerto no Pregón de Semana Santa 2024

   Desde hai varios anos vimos sendo invitados a dar un breve concerto para inaugurar o Pregón da Semana Santa Lucense. 

   Nesta ocasión prologamos ao pregoeiro D. Andrés Ramos Castro, sacerdote e xornalista, director do Secretariado da Pastoral Universitaria de Madrid, oriundo de Lalín e formado no Seminario de Lugo; de aí a súa relación con esta cidade.

   O acto tivo lugar na igrexa da Nova e a participación do Orfeón consistiu na interpretación do seguinte repertorio:

   - Allein Gott in der Höh sei Ehr. F. Mendelssohn Bartholdy.   

     Nacho Samena: órgano.
     Abraham Sánchez Pujante: frauta.

   - Giesù sommo conforto. G. Savonarola.
   
   - Vero amore è Gesù. S. Razzi (recop.)

   - Jesu Rex admirabilis. G.P. da Palestrina.

   - Locus iste. A. Bruckner.
   
   - In Monte Oliveti. J. Naujalis.

   No vídeo que enlazamos a continuación o Orfeón Lucense interpreta Allein Gott in der Höh sei Ehr  de Félix Mendelssohn.







   

xoves, 30 de marzo de 2023

Pregón da Semana Santa 2023

  Comeza a Semana Santa Lucense co Pregón no Círculo das Artes, este ano pronunciado por Miguel Ángel González Arias, Xeneral de Brigada e Xefe de Zona da Garda Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

   O Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera  e acompañado ao órgano por Nacho Samena, tivo a honra de aportar a parte musical que iniciou o solemne acto interpretando un selecto repertorio de música relixiosa propio do momento que vivimos:

    - Pueri haebraeorum. Tomás Luis de Victoria.

    - Christus factus est. Martín de Villanueva. 

    - Cristo al morir tendea. Fra Marc Antoni da San Germano.

    - Stabat Mater. Zoltan Kodaly.

    - Ave Verum. Jean Paul Lécot.

    - Anima Christi. Marco Frisina.


Na imaxe unha instantánea previa a este concerto.






venres, 8 de abril de 2022

Pregón de Semana Santa 2022

  Despois do descanso obrigado pola pandemia a cidade pretende retomar na medida do posible o ritmo de vida habitual. Así a Semana Santa, como viña sendo costume, iníciase co Pregón no Círculo das Artes, este ano a cargo de Ramón Basanta, Presidente da Xunta de Cofradías.

    O Orfeón foi invitado a actuar para abrir o acto e, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, interpretou para os asistentes o seguinte repertorio:

    - Christus factus est. M. Villanueva.

    - Cristo al morir tendea. Marc' Antonio da San Germano.

    - Jesus bleivet meine freude. J. S. Bach.

    - Ave verum corpus. W. A. Mozart.

    - Adoramus te, Christe. T. Dubois.


    Enlazamos a continuación unha imaxe do concerto



mércores, 10 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Concerto no Pregón

Esta tarde no Círculo das Artes o Orfeón interpretou o preludio musical á Semana Santa lucense. Asistiron diversas autoridades civís e eclesiásticas, ante as cales cantou o repertorio que xa se mencionou no post anterior. 

A continuación D. Federico Fernández de Buján, Doutor en Dereito Romano e membro da Real Academia de Doutores de España pronunciou o Pregón sobre a vida e Paixón de Xesucristo desde o punto de vista do Dereito.

Aquí unha imaxe da actuación, tomada de www.circulodelasartes.org


venres, 5 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Pregón

Estamos a punto de entrar na Semana Santa. O Orfeón, como todos os anos, intervirá nos diferentes actos que están programados. O primeiro deles será o Pregón de Semana Santa que este ano será pronunciado por Federico Fernández de Buján, Doutor en Dereito Romano e membro da Real Academia de Doutores de España.
O acto terá lugar no Círculo das Artes o mércores 10 de abril ás 20:30 h. Eis o cartel e o programa do concerto:





luns, 19 de marzo de 2018

Primeiros actos


Máis sobre a actuación do Orfeón Lucense no pregón, e sobre os primeiros actos da Semana Santa lucense deste ano, en A nosa voz.