xoves, 26 de decembro de 2024
Concerto de Nadal 2024
venres, 29 de decembro de 2023
Corais de Nadal
Baixo o patrocinio da Deputación Provincial e Tradigalu vén sendo habitual desde hai anos a animación das rúas lucenses durante o Nadal a cargo das agrupacións corais da cidade. Nesta ocasión o programa botou a andar coa nomenclatura de Corais de Nadal.
O Orfeón deu resposta á convocatoria cultural, como acostuma, actuando os días 26 e 28 de decembro cantando panxoliñas de distintas épocas e lugares de procedencia nos emprazamentos do centro histórico que lle foron asignados.
Na primeira das datas actuamos na rúa da Raíña e na rúa de San Pedro e na segunda na Praza de Santo Domingo e na Praza Maior. En ambos casos o repertorio foi o seguinte:
- Gaudete. Piae Cantiones. S. XVI.
Solistas:
Carlos Rodríguez Otero
Carlos Sánchez Carrera
Abraham Sánchez Pujante
Percusión:
Guadalupe Enríquez Parga
- Es ist ein´Ros´entsprungen. M. Praetorius. S. XVI-XVII.
- Ecce novum gaudium. 17th century Scottish song-books.
- Eu hei-de m´ir ao presépio. M. de Sampaio Riveiro. S. XIX-XX.
- Natal de Elvas. (O Menino que nasceu). M. de Sampaio Riveiro. S. XIX-XX.
- One horse open sleigh. J. Pierpont. S. XIX.
Solista:
Francisco Javier Pérez-Schofield
Percusión:
Guadalupe Enríquez Parga
- Na noite máis fermosa. J. E. Spitman. Adap. V.R.Abeijón.
- Chiquirriquitín. Pop. de Córdoba. Harm. O. Martí.
- Noche de Dios. F. X. Gruber / Arr. J. Castiñeira. S. XIX-XX
- Adeste fideles. J. F. Wade. S. XVIII.
Este ano tivemos a sorte de contar en varias pezas coa colaboración inestimable de dous frautistas membros do Orfeón, David Ocón Ruiz e Abraham Sánchez Pujante, que interpretando acompañamentos, preludios ou interludios contribuiron de maneira especial a facer máis rica a intervención do coro no nadal lucense.
Na imaxe un momento da actuación na rúa San Pedro.
luns, 30 de outubro de 2023
Misa 34 cabodano de D. Xosé Castiñeira
34º Cabodano de José Castiñeira Pardo, 29.10.2023
Pasado mañá, cúmprense 34 anos desde o pasamento do creador da Agrupación de amigos cantores que arroupan esta celebración, que levamos o nome de Orfeón Lucense, coro oficial desta S.I.C.B., ao que acompaña o organista da catedral, Xavier de Acosta.
Adóitase conmemorar de xeito especial as efemérides con cifras rotundas: os vinte, os trinta… pero o Orfeón, tendo presente o espíritu, a forza, o legado, e mesmo a presencia do noso Mestre, acordou lembralo ano a ano - e cúmprense 34 -, non só para doernos pola perda senón tamén para glorialo e gloriarnos polo ben que nos fixo ao facernos nacer, polo seu traballo na Igrexa e na música, e pola lembranza garimosa que deixou en todos os que o coñecemos e queremos.
Antes houbera un histórico Orfeón Lucense creado polo xenial Xoán Montes, que sólo era un recordo. E o noso -e voso – Don José quixo volvelo á vida dando ese nombre ao conxunto de voces cantoras dos varios grupos que dirixía. E nacemos de novo, renacemos, hai 41 anos.
E a estas alturas dun novo século, sentimos que seguimos sendo os mesmos, aínda que lóxicamente poucos quedamos daquel tempo xa lonxano; que seguimos tendo o mesmo ánimo que el nos insuflou, o mesmo amor á música, a mesma devoción polo canto… Que amamos as mesmas cousas, os mesmos lugares (especialmente esta gran casa, a primeira igrexa da diócese), que a mesma música nos da a mesma vida; que do mesmo xeito que somos fillos duns pais que nos fixeron nacer, todos nós – mesmo os que acaban de incorporarse nos últimos tempos -somos fillos musicais, espirituais, daquel crego tan humano, tan moderno que os rapaces de hai medio século buscabamos polos confesionarios para confiarlle as nosas angueiras.
Por iso estamos aquí, e estaremos todos os anos se Deus o quere, para cantar na súa lembranza e proclamar ata onde chegue a nosa voz que o noso Pai musical está máis vivo ca nunca na súa música, nas nosas partituras, nas nosas voces, no noso ánimo.
E cando a misa remate, iremos con todos os presentes que queirades acompañarnos ao Claustro da Catedral onde está enterrado para deixarlle unhas flores e outra canción, e tamén deixarlle flores ao seu irmán Don Manuel, que tanto nos ten comprendido e axudado nesta Catedral.
Se lembrando a D. José as grazas permanentes van implícitas, o Orfeón da as grazas máis expresivas á familia Castiñeira – Luis, sobriño, oficiante; súa irmá, seu cuñado… - que o P. Castiñeira fixo que sexan tamén da nosa familia, e sempre están connosco.
E xa que o tempo do alén é a “mellor vida”, felicidades, José Castiñeira, polos 34 anos desa vida mellor.
domingo, 1 de xaneiro de 2023
Concerto de Nadal 2022 (II)
Adicaremos unha mirada máis detida ás pezas con solistas do Concerto de Nadal.
A primeira delas é Gaudete, vilancico anónimo en latín do s. XVI, cuxo retrouso anima a aledarnos polo nacemento do Neno Xesús.
Pertence ás Piae Cantiones, colección de cantos en latín medieval publicados en 1582, difundidos polas igrexas reformadas de Suecia e Finlandia e cantados nas súas escolas desde o S. XVIII ata a actualidade. De Suecia foron levados ao Reino Unido polo embaixador inglés desde onde foron editados e difundidos aos demais países.
Foi unha elección moi interesante a interpretar polo Orfeón tanto pola mensaxe que contén como polo ritmo medieval, irregular e dinámico que aporta ao noso repertorio.
Tras unha introdución inicial do retrouso entonada por Carlos Rodríguez Otero, repítese polo coro acompañado de percusión que no sucesivo se alterna coas estrofas interpretadas ad libitum polos solistas Carlos Rodríguez, Carlos Sánchez, Guadalupe Enríquez e Silvia Nadela.
Enlazamos o documento sonoro a continuación:
sábado, 31 de decembro de 2022
Concerto de Nadal 2022 (I)
O Concerto de Nadal é unha das citas importantes para os compoñentes do Orfeón tanto polo número de seareiros que acostuman a presencialo, aos que agradecemos, como pola satisfacción persoal que produce nos proprios cantores.
Agradecemos á Catedral e ao seu Prefecto de Música, Luís Varela Castiñeira, que nos permitiran organizar este acto o día 30 de decembro no seu marco incomparable.
Baixo a dirección de Marcos Fernández Mosquera, interpretamos o seguinte repertorio:
- Dadme albricias. Anónimo S. XVII. Cancioneiro de Upsala.
- Gaudete. Piae Cantiones 1582.
Solistas:
Carlos Rodríguez Otero
Carlos Sánchez Carrera
Guadalupe Enríquez Parga
Silvia Nadela Villarino
Percusión:
Guadalupe Enríquez Parga
- Niño Dios d'amor herido. F. Guerrero.
Intérpretes:
Sara Pérez Cruz, soprano.
Beatriz Enríquez Parga, contralto.
Carlos Rodríguez Otero, tenor.
Marcos Fernández Mosquera, baixo.
- Los Reyes siguen la estrella. F. Guerrero.
- En una choza. M. Praetorius.
- Adeste fideles. J. Reading?
Piano:
Nacho Samena
- The one horse open sleigh. J. Pierpont.
Solista:
Francisco Javier Pérez-Schofield
Piano:
Nacho Samena
Percusión:
Guadalupe Enríquez Parga
- Señor, oye mi voz. A. Cuevas Castillo.
- Linda noite. Pop. do Algarve.
- Noite boa. J. Castiñeira.
- Hacia Belén va una burra. Pop. Córdoba. Harm. F. Civil.
- Dime, Niño, de quién eres. Popular.
- Noche de Dios. F. Gruber.
Foto tomada de El Progreso 31/12/2022
domingo, 20 de marzo de 2022
Misa de San Xosé
Despois dunha paréntese merecida tras un Nadal intenso, retomamos os ensaios para as actuacións deste ano 2022.
O primeiro acto foi o pasado sábado na Catedral, a Misa de San Xosé.
Con escasa asistencia de fieis cantamos unha misa que resultou grata e canora, coa particularidade de que estreamos unha peza que nos facía especial ilusión, O salutaris de Pierre de la Rue.
Outra novidade foi o feito de que a nosa compañeira Silvia Nadela Villarino fixo por primeira vez de solista desde o atril da epístola nas partes dialogadas do Sanctus de Lourdes.
A misa estivo presidida polo deán da Catedral, Mario Vázquez Carballo e concelebrada polo mestre de capela, Luís Varela Castiñeira, actuando como salmista o noso compañeiro de coro Carlos Sánchez e como organista Xavier de Acosta.
O repertorio interpretado polo Orfeón baixo a dirección habitual de Marcos Fernández Mosquera foi o seguinte:
- Himno a San José. José Antonio Poblete.
- Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Interleccional. X. Castiñeira.
- O salutaris hostia. Pierre de la Rue.
- Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot. Solista: Silvia Nadela Villarino.
- Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. G. Rossini. Adap.: J. P. Lécot.
- Más cerca, ¡oh Dios!, de Ti. L. Mason.
Enlazamos a continuación o audio do Sanctus de Lourdes. Pica na imaxe para escoitalo.
Sanctus de Lourdes. (J. P .Lécot)
Solista: Silvia Nadela Villarino
.png)





