domingo, 1 de xaneiro de 2023

Concerto de Nadal 2022 (II)

   Adicaremos unha mirada máis detida ás pezas con solistas do Concerto de Nadal.

  A primeira delas é Gaudete, vilancico anónimo en latín do s. XVI, cuxo retrouso anima a aledarnos polo nacemento do Neno Xesús.

  Pertence ás Piae Cantiones, colección de cantos en latín medieval publicados en 1582, difundidos polas igrexas reformadas de Suecia e Finlandia e cantados nas súas escolas desde o S. XVIII ata a actualidade. De Suecia foron levados ao Reino Unido polo embaixador inglés desde onde foron editados e difundidos aos demais países.

  Foi unha elección moi interesante a interpretar polo Orfeón tanto pola mensaxe que contén como polo ritmo medieval, irregular e dinámico que aporta ao noso repertorio.

   Tras unha introdución inicial do retrouso entonada por Carlos Rodríguez Otero, repítese polo coro acompañado de percusión que no sucesivo se alterna coas estrofas interpretadas ad libitum polos solistas Carlos Rodríguez, Carlos Sánchez, Guadalupe Enríquez e Silvia Nadela.

   Enlazamos o documento sonoro a continuación:


Ningún comentario:

Publicar un comentario