Unha voda sempre é motivo de celebración, canto máis se falamos das vodas de ouro. Este último sábado de xaneiro tivemos a honra de ir cantar por esta circunstancia para Marina, Víctor e os seus convidados á igrexa parroquial de Castelo (Outeiro de Rei).
Nunha mañá fría, de ceo luminoso, chegamos á fermosa igrexa, un templo pequeno e acolledor, con tempo suficiente para ver a maneira de acomodarnos no seu coro e facer as probas de son pertinentes.
Á hora acordada chegaron os noivos e acompañantes e deu comezo a cerimonia que estivo colmada de momentos emotivos e graciosos, especialmente nos parlamentos do oficiante e dos contraíntes.
O repertorio elixido por Marcos Fernández Mosquera para este acto foi o seguinte:
- Ven, Señor, ás nosas almas. L. de Olano.
- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Aleluia dit irlandais. J. P. Lécot.
- Deus do universo. L. de Olano.
- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
- Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Pescador de hombres. B. Corona.
- Cantico dell' Agnello. M. Frisina.
Unha vez finalizada a emotiva cerimonia, os compoñentes do Orfeón achegámonos a Uriz para degustar un xantar de confraternidade.
Máis abaixo acompañamos dúas instantáneas deste día en Castelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario