sábado, 3 de outubro de 2026

O Orfeón Lucense na web da Diócese de Lugo

    A Sociedade Artística Cultural Orfeón Lucense tén como actividade principal o acompañamento musical nas solemnidades da Catedral de Lugo, actividade que complementa, cando lle é posible, con concertos e actuacións por invitación de diferentes organismos ou particulares.

    Con motivo da inauguración do curso 2026-2027, o Vicepresidente da Sociedade, Ricardo Coria Abel, mantivo unha conversa coa Directora de Comunicación da Diócese, María José Campo López-Barcia, sobre o comezo dunha nova etapa baixo a dirección de Baruk Domínguez Grandío e a previsión da actividade da nosa coral na Sé. Dita entrevista publícase na páxina web da Diócese o día 2 do presente mes de outubro, publicación que agradecemos e que enlazamos aquí.

    Acompañamos unha imaxe do Orfeón Lucense no claustro da Catedral de Lugo tras un ensaio previo a unha actuación.




Ningún comentario:

Publicar un comentario