Este venres o Orfeón Lucense asistiu á celebración da festividade da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes.
A cerimonia solemne celebrouse na Catedral de Santa María e estivo presidida polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado de distintos cargos do estamento eclesiástico. Entre os asistentes estiveron diferentes autoridades, a corporación municipal e numeroso público que enchía en boa parte a sé.
O Orfeón estivo dirixido pola súa titular, Sara Nebra, acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez e interpretou o seguinte repertorio:
- Kyrie en Ré Majeur. Jean Paul Lécot / Paul Décha.
- Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Alléluia dit Irlandais. Fintan O´Caroll / Lucien Deiss.
- Deus do Universo. Luís Olano.
- Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Agnus Dei de la Messe "Peuples de la Terre". Gioachino Rossini / Jean Paul Lécot.
- Hija del pueblo. Alberto Taulé.
- Ave verum. Jean Paul Lécot.
Finalizada a misa, celebrantes, coro e público trasladáronse ao camarín da Virxe dos Ollos Grandes onde a representante do Concello fixo unha ofrenda floral á patroa e, tras os rezos e a beizón do prelado, a nosa agrupación entoou a Cantiga nº 77 de Afonso X O Sabio titulada Da que Deus mamou, que narra o milagre da curación dunha muller tolleita sucedido en Lugo e atribuído á nosa patroa.
Na imaxe superior a miniatura e tradución da Cantiga nº 77 e na inferior a nosa agrupación nun momento posterior á celebración.


Ningún comentario:
Publicar un comentario