O Orfeón Lucense en colaboración coa Diócese de Lugo, a Catedral de Santa María e a familia Castiñeira, convocou o Premio de Humanidades José Castiñeira 2024 na memoria do seu fundador para "honrar a persoas ou institucións que se distingan polo seu labor humanístico, a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas".
A esta primeira edición foron presentadas por institucións e particulares un total de trece candidaturas que foron examinadas por un xurado composto polos seguintes membros:
- Mario Vázquez Carballo, Deán da Catedral e Vicario Xeral do Bispado.
- Jesús Salvador López, Director de Patrimonio Cultural da Diócese.
- Luís Varela Castiñeira, Coengo, Prefecto de Música, en representación da familia Castiñeira.
- Beatriz Enríquez Parga, Secretaria do Orfeón.
- Jesús Conde Freire, Vicepresidente do Orfeón.
- Xulio Giz, Presidente do Orfeón Lucense.
Reunido dito xurado, acordaron outorgar por unanimidade o Premio de Humanidades José Castiñeira 2024 a Marisol Bravos López, por toda unha vida a prol das persoas con diversidade funcional, de superación de todo tipo de barreiras físicas ou sociais, dando exemplo permanente de integración e abrindo camiños que centos de persoas poden percorrer libremente nun mundo máis grande e máis humano.
Reproducimos aquí a acta de dita reunión:
Acta do Xurado do primeiro
PREMIO JOSÉ CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES
No pazo do Bispado de Lugo, o 21 de outubro de 2024, reúnese o
Xurado do primeiro CERTAME “JOSÉ CASTIÑEIRA” DE
HUMANIDADES, convocado polo Orfeón Lucense en nemoria do seu
fundador, en colaboración coa Diocese de Lugo, a Catedral lucense e a
Familia Castiñeira, formado por: MARIO VÁZQUEZ CARBALLO, Dean
da Catedral e Vicario Xeral do Bispado; JESÚS SALVADOR LÓPEZ,
Director de Patrimonio Cultural da Diocese; LUIS VARELA
CASTIÑEIRA, Coengo, Prefecto de música e párroco do Sagrado
Corazón, en representación da Familia Castiñeira; e, por parte do
ORFEÓN LUCENSE, BEATRIZ ENRIQUEZ PARGA, Secretaria; JESÚS
CONDE FREIRE, Vicepresidente e XULIO GIZ RAMIL, Presidente,
Estúdanse as trece candidaturas propostas por institucións e
particulares, e por unanimidade acordan conceder o PREMIO “JOSÉ
CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES” correspondente ao ano 2024, a
MARISOL BRAVOS LÓPEZ, polo labor de toda unha vida a prol das
persoas con diversidade funcional, da superación de todo tipo de barreiras
físicas ou sociais, dando exemplo permanente de integración e abrindo
camiños que centos de persoas poden percorrer libremente nun mundo
máis grande e máis humano.
A placa que acredita esta concesión, vai ser entregada nun acto no
claustro da Catedral de Lugo o próximo domingo, 27 de outubro,
inmediatamente despois da celebración (às 13,00 h.) do cabodano do P.
Castiñeira, e antes da ofrenda que tradicionalmente se celebra diante da
súa tumba.
O premio non tén dotación económica e a placa que o acredita seralle entregada á gañadora nun acto que se celebrará no claustro da Catedral o domingo, 27 de outubro, despois da misa de cabodano de Don José Castiñeira.
Tarxetón conmemorativo
Ningún comentario:
Publicar un comentario