martes, 8 de outubro de 2024

Misa de San Froilán 2024

   Como cada 5 de outubro o Orfeón acompañou musicalmente a celebración do patrón de Lugo na Catedral da nosa cidade.

   Presidiu a liturxia o bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, concelebraron varios coengos e actuou como salmista, D. David Varela Vázquez. Acompañou ao órgano D. Luís Varela Castiñeira, Prefecto de Música da sé e dirixiu o coro D. Marcos Fernández Mosquera.

   O repertorio interpretado nesta ocasión foi o seguinte:

   - Procesional de entrada. J. Molejón.

   - Señor ten piedad. Misa Galega. J. Castiñeira. 

   - Gloria. Misa Galega. J. Castiñeira.

   - Amósame, Señor, os teus camiños. Salmo

   - Aleluia. I. G. Ramos.

   - Eucaristía. Teizé / Fdez. León

   - Anima Christi. M. Frisina.

   Na imaxe o retablo da capela de San Froilán na Catedral.




   

Ningún comentario:

Publicar un comentario