O sábado anterior ao domingo da Oitava do Corpus Christi celébranse na Catedral de Santa María as Solemnes Vésperas da Oitava do Corpus Christi á que asisten as autoridades civís e eclesiásticas que toman parte na celebración do día seguinte e numerosos fieis seguidores.
Este ano o Orfeón Lucense tamén acompañou cos seus cantos este acto. Comezou este ás oito do serán presidido polo prelado da sé, D. Alfonso Carrasco Rouco e foi concelebrado polos bispos das dióceses das sete cidades do Antigo Reino de Galicia, co auxilio doutras ordes eclesiásticas.
A nosa agrupación coral, dirixida por Abraham Sánchez Pujante, Director de Música Litúrxica da Diócese, interpretou, dialogando co celebrante, as Solemnes Vésperas da Oitava do Corpus Christi e a continuación tivo lugar a misa, na que o repertorio foi o seguinte:
- Kyrie en Re Majeur. Jean Paul Lécot.
- Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Aleluia. Isauro García Ramos.
- Ave verum. Jean Paul Lécot.
- Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. Jean Paul Lécot.
- Anima Christi. Marco Frisina.
Na imaxe, vista norte da Catedral. Tomada da web da Diócese de Lugo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario