Este ano fomos convidados a actuar con motivo do acendido do alumeado navideño da Deputación. Así que o día 4 de decembro dispuxémonos a cantar o noso primeiro recital de Nadal.
Comezaron o acto Os Bolechas no salón de actos do Pazo de San Marcos presentando o seu libro Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural ante o seu público infantil ao que agasallaron cun exemplar.
A continuación o Orfeón, nunha carpa situada diante do edificio, ofreceu a primeira parte do seu repertorio, tras a cal o presidente da Deputación acendeu o alumeado que adorna o edificio nestas datas, acto ao que seguiu a interpretación da segunda parte do noso recital.
O programa ofrecido nesta ocasión, baixo a dirección de Sara Nebra, foi o seguinte:
- En una choza. M. Praetorius. (*)
- Nosa Señora. Tradicional de Galicia.
- The First Noel. Trad. inglés. Arr. John Stainer. (*)
- No pendello. Tradicional de Galicia.
- Blue Christmas. Billy Hayes / Jay Johnson. Arr. J. L. Blasco. (*)
- Puer natus in Bethlehem. Lucas Lossius. Harm. J. S. Bach.
- Noche de Dios. F. X. Gruber. Arr. José Castiñeira. (*)
- Gaudete. Piae Cantiones. (*)
- Noite boa. José Castiñeira.
- Linda Noite. Popular do Algarve.
- Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
- Con un sombreiro de palla. Tradicional de Galicia. (*)
Instrumentistas (*):
Frauta travesa: Abraham Sánchez Pujante
Clarinete, adufe e cunchas: Guadalupe Enríquez Parga.
Hai que salientar que, dada a climatoloxía, foi meritorio que houbera alguén escoitándonos nunha actuación no exterior, pois o frío e as constantes precipitacións con vento asociado foron as notas do día.
Para rematar a xornada fomos agasallados cunha invitación no interior do edificio, que agradecemos.
Enlazamos imaxes tomadas do Servizo de Audiovisuais da Deputación alusivas á actuación do Orfeón Lucense diante do Pazo de San Marcos neste día.



Ningún comentario:
Publicar un comentario