martes, 30 de decembro de 2025

Nadal na rúa 2025

     Tamén este ano participamos no programa Nadal na rúa que patrocina a Deputación. Trátase dunha actividade que se desenvolve desde o 15 de decembro ao 4 de xaneiro, tempo no que o centro histórico se converte nun espazo musical vivo grazas ás actuacións itinerantes das corais da cidade en distintos puntos emblemáticos do casco vello, contribuíndo a dinamizar as compras de Nadal e a ambientar o recinto amurallado. 

    As corais participantes foron as seguintes:

  • Cantar Delas
  • Coral Polifónica Xolda
  • Schola Gregoriana Lucense
  • Coro Xove de Lugo
  • Coro do Hospital de Lugo
  • Coral Lucus Terra
  • Sólo Voces
  • Conxunto Vocal Lugh
  • Coral Cantigas e Flores
  • Coral Ecos do Miño
  • Orfeón Xoán Montes
  • Asociación Músico Vocal Xeada
  • Orfeón Lucense
  • Coro Xuvenil de Lugo

    Ao Orfeón Lucense correspondeulle actuar o sábado, 27 de decembro, facendo catro pases de vinte minutos, en San Pedro cruce con rúa do Progreso, rúa da Raíña, Fondo da Praza Maior e Praza do Campo, respectivamente; e o luns, 29 de decembro, tamén con catro pases de vinte minutos, en Santo Domingo, Rúa da Raíña, Conde Pallares cruce con Doutor Castro e Praza do Campo, respectivamente.

    En cada un dos lugares en que actuamos a directora elixiu unha selección de panxoliñas do repertorio preparado para este Nadal, que foi a seguinte:

  • En una choza. M. Praetorius. 
  • Nosa Señora. Tradicional de Galicia.
  • The First Noel. Trad. inglés. Arr. John Stainer. (*)
  • No pendello. Tradicional de Galicia.
  • Noche de Dios. F. X. Gruber. Arr. José Castiñeira. 
  • Gaudete. Piae Cantiones. (*)
  • Noite boa. José Castiñeira.
  • Linda Noite. Popular de Portugal.
  • Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
  • Con un sombreiro de palla. Tradicional de Galicia. (*)
  • African Noel. Trad. africano. Arr. Victor Johnson. (*)
  • En el portalín de piedra. Víctor Manuel San José. (*)
        Solista
                   Marcos M. Fernández Mosquera

        Percusión (*):
                    Sara Nebra
                    Lupe Enríquez 

    Malia as frías temperaturas nestes días de decembro é de agradecer que sempre haxa persoas dispostas a pararse e adicar uns minutos do seu trasego de compras navideñas ou do seu lecer para escoitar as panxoliñas que ambientan as rúas. 

    Acompáñase unha imaxe do cartel anunciador das Corais de Nadal e unha instantánea da actuación do Orfeón na rúa da Raíña.










    

Ningún comentario:

Publicar un comentario