O domingo, 28 de decembro, o Orfeón acompañou cos seus cantos a clausura do Ano Xubilar Romano que se celebrou cunha misa na Catedral de Santa María presidida polo prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco.
Asistiu a esta clausura un bo número de coengos e sacerdotes ademais de outros cargos eclesiásticos que concelebraron no altar maior da sé a cerimonia relixiosa.
A nosa agrupación coral estivo dirixida por Sara Nebra e acompañada ao órgano por D. Luís Varela Castiñeira, coengo da Catedral, e o repertorio interpretado foi o seguinte:
- Kyrie en Ré Majeur. Jean Paul Lécot.
- Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Benedicat vobis. George Friedrich Haendel.
- En una choza. Michael Praetorius.
- Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Agnus dei de la Messe Peuples de la Terre. Jean Paul Lécot.
- Noite boa. José Castiñeira.
- Noche de Dios. José Castiñeira.
Adxuntamos unha imaxe da cúpula do altar maior da Catedral de Santa María.

Ningún comentario:
Publicar un comentario