martes, 24 de febreiro de 2026

Seguimos traballando

     Á intensa actividade do Nadal segue un período de aparente quietude, no que nos encontramos agora. 

    Nada máis lonxe da realidade! 

    Estamos traballando nos proxectos que ocuparán o noso quefacer ata o remate do curso:

  • A celebración da Semana Santa na Catedral de Santa María.
  • A celebración do Corpus Christi e a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo.
  • A participación no Festival Internacional de Órgano de Lugo.
  • A VIII Noite Coral Lucense.
  • ... E algunha outra tarefa que acollemos sempre con agrado.

    Seguimos. Temos moito que facer!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario