Correspondeulle este ano presentar a Ofrenda á cidade de A Coruña, representada nesta ocasión polo concellal de Turismo, Juan Ignacio Borrego, en representación da alcaldesa de dita cidade.
O Orfeón Lucense actuou dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ó órgano por Xabier de Acosta, interpretando o seguinte repertorio:
- Con ledicia vimos. A. Fdez León.
- Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Contade as marabillas. A. S. Carneiro.
- Aleluia. X. R. Estévez.
- O pan do ceo. X. Portas Ferro.
- Hoc Hic Mysterium. J. Molejón.
- Pange lingua. Gregoriano.
- Tantum Ergo/ Genitori. Gregoriano.
- Cantemos al Amor. J. I. B. de Sagastizábal.
Ademais do Orfeón actuaron na celebración a agrupación tradicional Os Xílgaros interpretando marchas procesinais e Óscar Pérez que ofreceu xunto co organista Xabier de Acosta unha solemne versión da Marcha do Antigo Reino de Galicia.
Enlazamos a continuación o vídeo do acto, tomado da canle de Youtube da Diócese de Lugo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario