domingo, 9 de decembro de 2018

Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

O próximo 22 de decembro, sábado, ás 20,30 h., o Orfeón Lucense ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de Santiago-A Nova, ao que invita a todos os lucenses.

O Orfeón, Coro oficial da Catedral de Lugo, que estará dirixido polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, ofrecerá un recital con panxoliñas do folclore galego e de todo o mundo, no que a agrupación estará acompañada por Carlos Rodríguez, violinista galego residente en Bristol (Reino Unido), colaborador do Orfeón nestes últimos anos, que viaxa á capital lucense para disfrutar das vacacións de Nadal.
Dúas actuacións máis ofrecerá o Orfeón aos  lucenses antes do remate do ano, xa que o próximo 27 de decembro, dentro da campaña “CANTOS DE NADAL 2018” que promove a Deputación Provincial de Lugo,  cantará a misa vespertina (19,30h.) e dará un recital de cantos de Nadal na igrexa parroquial de A Milagrosa, e o 28, ás 20,00h. cantará panxoliñas polo centro da cidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario