Os antecedentes deste emotivo acto son os seguintes:
En 1618 o cabildo catedralicio pediu ao rei Filipe III axuda para dar maior énfase á adoración ao Santísimo. No 1666 a proposta do coengo maxistral, Juan Velo, pídese á Xunta do Reino de Galicia unha aportación económica con este mesmo fin e no 1668 faise esta mesma petición ás sete cidades do Antigo Reino, A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Betanzos e Tui.
No 1669 a Xunta do Antigo Reino fixa unha asignación suficiente para o gasto de catro velas que alumasen dia e noite e acorda que se celebre unha misa con procesión "pola exaltación da fe, saúde das Súas Maxestades e bos feitos e prosperidade do Reino".
A ofrenda tal como a coñecemos hoxe comeza en 1925. Un alcalde, por turno rotatorio, fai de oferente e, normalmente, respóndelle o bispo da súa diócese. Materialmente, na actualidade o tributo consiste nunha aportación monetaria simbólica. Antes do acto en si tén lugar unha recepción das autoridades no concello e o traslado das mesmas a pé desde alí á catedral.
Este ano, como de costume, iniciouse a cerimonia coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia a cargo de Luis Varela Castiñeira ao órgano e Óscar Pérez á gaita, aos acordes do cal entraron as autoridades na seo. A misa foi oficiada polo bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, quen recibiu a ofrenda do alcalde da mesma cidade, Gonzalo Pérez Jácome.
O Orfeón estivo oresente aportando a parte musical co seguinte repertorio:
- Aledémonos. J. Castiñeira.
- Señor ten piedade. Misa galega. J. Castiñeira.
- Gloria. Misa Galega. J. Castiñeira.
- Amósame, Señor. Salmo.
- Aleluia dos irlandeses. J. P. Lécot.
- Velaquí, Señor, o viño. F. Diéguez.
- Santo. Misa Galega. J. Castiñeira.
- Año de Deus. Misa Galega. J. Castiñeira.
- Eucaristía. Taizé / Fdez León.
- Anima Christi. M. Frisina.
- O pan do ceo. X. Portas Ferro / i. García Ramos.
- Cantemos al Amor. J. I. B de Sagastizábal.%
- Pange lingua. Gregoriano.
- Alabado sea el Santísimo. Tradicional.
A continuación unha imaxe do acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario