xoves, 18 de abril de 2024

Adeus, amigo Santi

   De maneira sorpresiva tivemos que despedir a Santiago Rodríguez López, destacado biólogo, investigador, catedrático, escritor e querido amigo do Orfeón que faleceu en Bristol (Reino Unido), onde residía e en cuxa universidade traballaba; pasamento que ocurriu despois dunha breve e fatal enfermidade.

 A amizade con Santiago vén de vello, cando a través do noso presidente coñecemos a Carlos Rodríguez Otero, fillo do finado, que por aquel tempo estudaba violín e piano no Reino Unido e que enseguida se fixo acompañante habitual do Orfeón nos concertos de Nadal, cando viñan de vacacións á súa terra. Santi era o noso cámara de maneira desinteresada neses eventos e tanto el como Mary, a súa dona, foron membros de feito da coral en concertos e celebracións sempre que estaban aquí.

 Así sucedeu tamén no mes de decembro pasado, data na que compartimos concerto sen saber que un mes máis tarde coñeceríamos a noticia do estado de saúde que o levaría ao final da súa vida.

 O Orfeón quixo acompañar a Santi e á súa familia nestes momentos de dor asistindo á misa de funeral e ao acto de entrega por parte da alcaldesa do recoñecemento como Fillo Adoptivo de Paradela a título póstumo á súa viúva e fillo, actos que tiveron lugar no Centro Multiusos da localidade; así como ó soterramento das súas cinsas no cemiterio de dita vila.

 A misa foi oficiada por D. Luís Varela Castiñeira, Coengo Prefecto de Música da Catedral e concelebrada polo Vicario Xeral da Diócese e os párrocos de Paradela e Portomarín

 O repertorio que interpretou o Orfeón dirixido por Marcos Fernández Mosquera  foi o seguinte:

   - Hacia Ti, Morada Santa. K. Argüello.
   - Kyrie. Misa de Angelis. Gregoriano.
   - Alléluia dit Irlandais. L. Deiss.
   - Más cerca, oh Dios. L. Mason.
   - Sanctus. Misa de Angelis. Gregoriano.
   - O salutaris. L. Perosi.
   - Yo soy el pan de vida. S. Toolan.

 Durante o acto membros da Banda Municipal de Paradela interpretaron en distintos momentos diferentes melodías solemnes, así como tamén os nosos compañeiros David Ocón Ruiz e Abraham Sánchez Pujante fixeron as súas aportacións musicais acompañados da guitarra.

 Rematada a cerimonia relixiosa deu comezo a civil, na que interviron o anterior alcalde de Paradela, José Manuel Mato; o noso presidente, Xulio Xiz e a alcaldesa da vila, Mª Montserrat Mulet Sar. Todos eles salientaron a personalidade e a valía profesional de Santiago Rodríguez e lamentaron a prematura desaparición do eminente científico e da gran persoa cuxa pegada permanecerá para sempre na memoria de todos. Estas palabras foron contestadas por Carlos Rodríguez Otero, fillo do finado, quen fixo unha emotiva semblanza de seu pai, agradeceu as intervencións anteriores e a numerosa asistencia de veciños e amigos.

  A continuación partiu unha comitiva a pé ata o cemiterio encabezada polos familiares de Santi portando as súas cinsas seguidos de todos os asistentes no medio dun respectuoso silencio.

  No momento de ser soterrado, o Orfeón cantou o Salve Regina gregoriano como despedida definitiva do noso amigo, tras o cal un grupo de gaiteiros de Paradela interpretaron o Himno Galego na súa honra. 

  Descansa en Paz, benquerido Santi.

  Na imaxe un momento da contestación de Carlos Rodríguez Otero.




venres, 5 de abril de 2024

Misa de funeral por Manuel Zas

   O pasado mércores, día 3 de abril, o Orfeón estivo acompañando á nosa contralto Sara Zas no funeral polo seu irmán Manuel, que xa fora soterrado en días pasados.

  O director habitual do coro non puido estar presente, polo que a dirección coral  correu a cargo de Guadalupe Enríquez, soprano da agrupación.

   A misa celebrouse  na igrexa parroquial da Milagrosa oficiada polo párroco da mesma, D. José Antonio Ferreiro Varela e nela o repertorio interpretado foi o seguinte:

   - Ven, Señor, ás nosas almas.. L. Olano.

   - Caminaré en presencia del Señor. Salmo.

   - Deus do Universo. L. Olano.

   - Santo. Misa Pascual. J. Castiñeira.

   - Ave verum. J. P. Lécot.

   - Más cerca, oh Dios. L. Mason.

   O noso compañeiro Abraham Sánchez Pujante acompañou ao órgano algunha das pezas interpretadas polo coro.

   Na imaxe, unha instantánea da igrexa parroquial da Milagrosa. Tomada de www.diocesisdelugo.org





martes, 2 de abril de 2024

Semana Santa 2024

   Unha vez máis o Orfeón Lucense estivo presente nos actos centrais da Semana Santa na catedral.

   Domingo de Ramos:

   Despois da beizón dos ramos deu comezo a misa presidida polo prelado da diócese na que estivemos dirixidos por Marcos Fernánde Mosquera e acompañados ao órgano por Nemesio Gutiérrez. O repertorio interpretado foi o seguinte:

   - Dios mío, Dios mio. Salmo.
   - Cristo por nosotros. F. Palazón.
   - Vero amore è Giesù. Anónimo S. XVII.
   - Santo. Misa Pro Europa. J. P. Lécot.
   - Agnus Dei. Misa Pro Europa. J. P. Lécot.
   - Eucaristía. Taizé / Fdez. León.
   - Ave verum. J. P. Lécot.

   Xoves Santo:

   A Misa de Xoves Santo estivo presidida polo prelado da diócese na que o Orfeón, conducido polo director habitual e acompañado ao órgano polo Mestre de Capela da catedral, interpretou o seguinte repertorio:

   - Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
   - Kyrie - Gloria. Misa de Lourdes. J. P. Lécot.
   - El cáliz que bendecimos. Salmo.
   - Interleccional. J. Castiñeira.
   - Jesús, el Señor. J. Castiñeira.
   - Un mandamiento nuevo. A. Alcalde.
   - Santo. Misa Pascual. J. Castiñeira.
   - Cordero de Dios. Misa Pascual. J. Castiñeira.
   - O pan do ceo. Portas Ferro/I. G. Ramos.
   - In Monte Oliveti. J. Naujalis.
   - Pange lingua. Gregoriano.
   - Alabado sea el Santísimo. 
   - Genitori / Tantum Ergo. Gregoriano.

   Venres Santo:

   Os oficios do Venres Santo estiveron presididos por Monseñor Carrasco Rouco e comezaron en silencio, como é habitual. Nesta celebración non estamos acompañados polo órgano e as pezas interpretadas a capella foron as seguintes:

   - Padre, a tus manos. Salmo.
   - Pasión según San Xoán. J. Castiñeira (Coro e solistas).
   - Mirad el árbol de la cruz.   
   - Victoria, tú reinarás. D. Julien.
   - Comiendo del mismo pan. J. Madurga.
   - Giesù sommo conforto. F. G. da Savonarola.
   
Vixilia Pascual: 

   Iníciase coa beizón do lume e da auga tras o cal comeza o ritual da vixilia pascual, na que o Orfeón cantou o seguinte repertorio baixo a dirección de Marcos Fernández Mosquera e acompañado ao órgano por D. Luís Varela Castiñeira:

   - Gloria. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
   - Alleluia. I. G. Ramos.
   - Jesu, Rex Admirabilis. G. P. da Palestrina.
   - Santo. Misa Alrededor de tu Mesa.F. Palazón.
   - Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
   - Yo soy el pan de vida. S. Toole.
   - Adoramuste, Christe. T. Dubois.
   
Domingo de Pascua:

   Despois da procesión do encontro dá comezo a misa de Pascua de Resurrección na que, acompañados ao órgano polo Prefecto de Música da Catedral e dirixidos por Marcos Fdez. Mosquera, interpretamos o repertorio seguinte:

   - Cantemos al Amor de los Amores. I. B. de Sagastizábal.
   - Gloria. Misa Pascual. J. Castiñeira.
   - Este es el día en que actuó el Señor. Salmo.
   - Alleluia dit irlandais. J. P. Lécot.
   - O salutaris. L. Perosi.
   - Nós tamén imos resucitar. X. Portas Ferro.
   - Cantico dell´Agnello. M. Frisina.
   - Reina del cielo. J. Castiñeira.

   Nas imaxes momentos da actuación na Vixilia Pascual.