O pasado mércores, día 3 de abril, o Orfeón estivo acompañando á nosa contralto Sara Zas no funeral polo seu irmán Manuel, que xa fora soterrado en días pasados.
O director habitual do coro non puido estar presente, polo que a dirección coral correu a cargo de Guadalupe Enríquez, soprano da agrupación.
A misa celebrouse na igrexa parroquial da Milagrosa oficiada polo párroco da mesma, D. José Antonio Ferreiro Varela e nela o repertorio interpretado foi o seguinte:
- Ven, Señor, ás nosas almas.. L. Olano.
- Caminaré en presencia del Señor. Salmo.
- Deus do Universo. L. Olano.
- Santo. Misa Pascual. J. Castiñeira.
- Ave verum. J. P. Lécot.
- Más cerca, oh Dios. L. Mason.
O noso compañeiro Abraham Sánchez Pujante acompañou ao órgano algunha das pezas interpretadas polo coro.
Na imaxe, unha instantánea da igrexa parroquial da Milagrosa. Tomada de www.diocesisdelugo.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario