sábado, 25 de maio de 2024
Faltan dous días
domingo, 12 de maio de 2024
Misa e concerto en O Corpiño
Con motivo do Ano Santo Mariano fomos invitados polo parroco, D. José Criado, a cantar no Santuario de Nosa Señora do Corpiño, perto de Lalín. O Orfeón aceptou con agrado e este sábado, día 11 de maio, viaxamos alí.
A misa foi oficiada polo párroco do Santuario e o Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ao órgano por D. Luís Varela Castiñeira, Prefecto de Música da Catedral de Lugo, interpretou as pezas seguintes:
- Hija del pueblo. A. Taulé.
- Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.
- Aleluia. I. G. Ramos.
- Ave verum. J. P. Lécot.
- Sanctus. Misa de Lourdes. J. P. Lécot.
- Agnus Dei. Messe Peuples de la Terre. J.P. Lécot.
- Ave Maria. T. L. de Victoria.
Finalizada a misa o Orfeón ofreceu aos asistentes un pequeno concerto constituído por pezas relixiosas e profanas.
D. José Criado agradeceu a presenza da nosa agrupación e explicou aos presentes a historia e a lenda do Santuario do Corpiño. A continuación entregoulle ao noso director un agasallo para a agrupación e a cada un dos compoñentes do coro unha pulseira conmemorativa do Ano Santo Mariano.
De volta para Lugo paramos en Lalín para celebrar un xantar de confraternidade ao que asistiu tamén D. José Criado.
Santuario de Nosa Señora do Corpiño