Ao caer a noitiña do domingo, 7 de xullo, soaron as primeiras notas da presente edición da Noite Coral na igrexa de San Pedro a cargo do Orfeón Lucense.
A nosa agrupación dirixida polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, interpretou o seguinte repertorio:
- Allein Gott in der Höh sei Ehr. Felix Mendelssohn Bartoldy
Frauta: Abraham Sánchez Pujante
Clarinete: Lupe Enríquez Parga
- Morgengesang. Niels Wilhelm Gade
- Heliseb väljadel. Urmas Sisask
Soprano: Sara Nebra
- O Magnum Mysterium. Evan Ramos
- Tollite hostias. Camille Saint-Saëns
Nesta edición tívose en conta o tempo necesario para os desprazamentos aos distintos lugares de celebración dos concertos, polo que rematado este primeiro, trasladámonos con tranquilidade á segunda escea da noite, a Igrexa de San Froilán, na que o Grupo Vocal Sólo Voces, dirixido por Fernando G. Jácome, interpretou estas composicións:
- I´m gonna sing. André van Ryckeghem
- Omni die dic Mariae. Grzegorz Gerwazy Gorczyzk
- Crux Fidelis. Juan A. Moreno Fuentes
- Ubi caritas. Ola Gjeilo
- Cantate Domino. Karl Jenkins
Na igrexa de Santiago da Nova agardábanos un grupo vido da comunidade valenciana, do que é responsable Abraham Sánchez Pujante, director do Departamento de Música Litúrxica da Diócese de Lugo. É Carminis Habitus, unha moi agradable revelación musical para todos os seareiros da Noite Coral. As súas interpretacións, en ocasións cun selo especial, foron as seguintes:
- Jesu, Rex Admirabilis. Giovanni Pierluigi da Palestrina
- Ave Regina Coelorum. Antonio Lotti
- Ave Maris Stella. Carlo Rossini
- Northern Lights. Ola Gjeilo
- Jubilate Deo. Wolfgang Amadeus Mozart
No Círculo das Artes actuou o Concentus Lucensis, dirixido por Giulio Mercati, que interpretou unha única pero extensa obra:
- Singet dem Hernn ein neues Lied. Johann Sebastian Bach
Finalmente, aos coros anteriores uniuse o Gruppo Vocale San Bernardo e todos, acompañados polo Concentus Instrumentalis Lucensis e dirixidos por Giulio Mercati, puxemos un solemne broche á velada musical cunha fermosa peza dun dos últimos compositores da Escola Napolitana do Barroco:
- Magnificat en Sib maior de Francesco Durante
Unha vez máis, foi un gran pracer compartir con todas as voces amigas, chegadas de distintos puntos da xeografía, este fermosísimo tempo de lecer e desfrute no mellor dos enclaves artísticos da cidade. Desde este momento agardamos con ilusión a próxima cita.
Na imaxe unha instantánea do concerto do Orfeón na igrexa de San Pedro.