O pasado domingo, 16 de marzo, o Orfeón tivo a honra de acompañar cos seus cantos unha misa na parroquia de San Francisco Javier na que se instituiu como lector e acólito ao noso compañeiro Luis David Ocón Ruiz, xunto con Abraham Emmanuel Ávila Pérez e a Diego Durán Cano, este último ordenado diácono. Deles, os dous primeiros pertencen ao Seminario Diocesano e Misioneiro Alma Redemptoris Mater e o terceiro ao Seminario Diocesano de Lugo.
A cerimonia foi oficiada polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, e concelebrada por numerosos sacerdotes auxiliados por membros pertencentes a distintos estamentos eclesiásticos que arrouparon aos neófitos a ditas ordes.
O repertorio interpretado pola nosa agrupación coral, dirixida por Marcos Fernández Mosquera, foi o seguinte:
- Bendice, Alma mía, al Señor. F. Mendelsshon. Adap. Abraham Sánchez.
- Kyrie en Re M. J.P.Lécot.
- El Señor es mi luz. Salmo.
- Interleccional. J. Castiñeira.
- Jesu, Rex admirabilis. G.P.da Palestrina.
- Sanctus de Lourdes. J.P.Lécot.
- Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. J.P.Lécot.
- Ave verum. J.P.Lécot.
- Ave Maria. T. L. de Vitoria.
- Canticorum iubilo. G.F.Haendel.