domingo, 17 de agosto de 2025

...E punto

     ...E tras un curso intenso no que non faltaron boas emocións e novidades, chega a hora de facer unha pausa.

    Voltamos en setembro con máis actividade.

    Ata pronto!!!






sábado, 16 de agosto de 2025

Misa de Nosa Señora 2025

     Este venres o Orfeón Lucense asistiu á celebración da festividade da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes.

    A cerimonia solemne celebrouse na Catedral de Santa María e estivo presidida polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado de distintos cargos do estamento eclesiástico. Entre os asistentes estiveron diferentes autoridades, a corporación municipal e numeroso público que enchía en boa parte a sé.

    O Orfeón estivo dirixido pola súa titular, Sara Pérez Cruz, acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez e interpretou o seguinte repertorio:

  • Himno a la Virgen de los Ojos Grandes. Ángel Garrote /Julián Ortiz.
  • Kyrie en Ré Majeur. Jean  Paul Lécot / Paul Décha.
  • Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Alléluia dit Irlandais. Fintan O´Caroll / Lucien Deiss.
  • Deus do Universo. Luís Olano.
  • Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Agnus Dei de la Messe "Peuples de la Terre". Gioachino Rossini / Jean Paul Lécot.
  • Hija del pueblo. Alberto Taulé.
  • Ave verum. Jean Paul Lécot.

    Finalizada a misa, celebrantes, coro e público trasladáronse ao camarín da Virxe dos Ollos Grandes onde a representante do Concello fixo unha ofrenda floral á patroa e tras os rezos e a beizón do prelado, a nosa agrupación entoou a Cantiga nº 77 de Afonso X O Sabio titulada Da que Deus mamou, que narra o milagre da curación dunha muller tolleita sucedido en Lugo e atribuído á nosa patroa.

    Na imaxe superior a miniatura e tradución da Cantiga nº 77 e na inferior a nosa agrupación nun momento posterior á celebración.







    


    

martes, 5 de agosto de 2025

Noraboa!!

    O sábado, día 2 de agosto, o  Orfeón Lucense tivo a honra de acompañar á nosa directora, Sara Nebra, nun día moi especial para ela porque casaba. 

    Para os coristas foi unha xornada emocionante, porque aparecemos por sorpresa para cantarlle aos noivos e convidados á saída da cerimonia este pequeno repertorio, dirixido por Lupe Enríquez:

  • Gabriel´s oboe. E. Morricone.

        - Oboe: Miguel Alonso Prada.


  • Xoias d´auga. Sara Nebra / Arr.: Daniel Díaz. 

        - Pandeireta: Silvia Nadela.

        - Pao de choiva: Carmen Arias.


  • Giovani liete. Acto I, nº 8 de As vodas de Fígaro.

        - Violín: Manuel Fernández Gayol.


    Ao finalizar o recital desexámoslle a maior FELICIDADE á parella e coa invitación a un aperitivo pola súa parte, despedimos este día sinalado pola emoción, tanto para eles como para o noso coro.