domingo, 30 de novembro de 2025

Misa de clausura do Curso de Pastoral da Saúde

    Este sábado, 29 de novembro, o Orfeón foi convidado a cantar a misa de clausura do Curso de Pastoral da Saúde organizado por esta diócese.

    A celebración tivo lugar na catedral e estivo presidida por D. Miguel Ángel Fernández Vilariño, Delegado Episcopal de Pastoral da Saúde.
 
  A nosa coral estivo dirixida por Abraham Sánchez Pujante, acompañada ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o repertorio interpretado foi o seguinte:

  • Ven Señor ás nosas almas. Luís Olano.
  • Kyrie en Ré Majeur. Jean Paul Lécot.
  • Qué alegría. Salmo.
  • Aleluia. Isauro García Ramos.
  • Ave Verum. Jean Paul Lécot.
  • Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. Gioachino Rossini. Adapt.: Jean Paul Lécot.
  • Anima Christi. Marco Frisina.
                                     
   Nas imaxes, momentos previos ao inicio da misa.




    

luns, 24 de novembro de 2025

Misa na visita do cabildo da Catedral de León

    O sábado, día 22 de novembro, o Orfeón puxo o acompañamento musical a unha misa que se celebrou na catedral lucense con motivo da xornada de confraternización das catedrais de León e Lugo, personalizada nos seus cabildos, pois ambas catedrais están unidas pola vía Künig e polo patrón de ambas cidades, San Froilán.

    O deán da sé lucense, D. Mario Vázquez Carballo, foi o oficiante, auxiliado por outros membros do cabildo lucense e leonés e coa asistencia de numerosas persoas.

    O Orfeón, dirixido pola súa titular Sara Nebra, e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez interpretou o seguinte repertorio:

  • Bendiga mi alma al Señor. Felix Mendelssohn. Adap. Abraham Sánchez Pujante.
  • Kyrie en Ré Majeur. Jean Paul Lécot.
  • Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Aleluia. Isauro García Ramos.
  • Ave Verum. Jean Paul Lécot.
  • Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. Jean Paul Lécot.
  • Anima Christi. Marco Frisina.
    Os acordes ao órgano da Marcha do Antigo Reino de Galicia a cargo de Nemesio Gutiérrez puxo fin a este acto de confraternización.

    Nas imaxes, momentos previos ao inicio da celebración.







venres, 7 de novembro de 2025

Actuación na homenaxe a Francisco Cacharro Pardo

     O pasado día 5 de novembro o Orfeón foi convidado por medio do seu Presidente, a participar na homenaxe a Francisco Cacharro Pardo con motivo dos dez anos do seu pasamento.

    O acto tivo lugar no salón de actos da Facultade de Veterinaria desta cidade conducido polo noso Presidente, Xulio Xiz, coa asistencia da familia, numerosas autoridades, entre elas, o Presidente da Xunta de Galicia, gran número de alcaldes, simpatizantes e amigos do finado.

    A actuación da nosa coral estivo dirixa por Abraham Sánchez Pujante e o repertorio interpretado foi o seguinte:

    Nesta última peza fomos acompañados polo gaiteiro Sergio del Río, da agrupación Bágoas da Terra, de Viveiro, quen tamén iniciou o acto interpretando o Himno do Antigo Reino de Galicia.

    No transcurso do acto comunicouse por parte de Xulio Xiz e Antonio Giz a existencia dunha exposición itinerante, unha páxina web e un libro da autoría de ambos, con numerosas colaboracións, que versan sobre a figura do homenaxeado; libro repartido gratuitamente ao concluír a xuntanza.

    Na fotografía que segue recóllese un momento da celebración.