O sábado, día 22 de novembro, o Orfeón puxo o acompañamento musical a unha misa que se celebrou na catedral lucense con motivo da xornada de confraternización das catedrais de León e Lugo, personalizada nos seus cabildos, pois ambas catedrais están unidas pola vía Künig e polo patrón de ambas cidades, San Froilán.
O deán da sé lucense, D. Mario Vázquez Carballo, foi o oficiante, auxiliado por outros membros do cabildo lucense e leonés e coa asistencia de numerosas persoas.
O Orfeón, dirixido pola súa titular Sara Nebra, e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez interpretou o seguinte repertorio:
- Bendiga mi alma al Señor. Felix Mendelssohn. Adap. Abraham Sánchez Pujante.
- Kyrie en Ré Majeur. Jean Paul Lécot.
- Gloria de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Aleluia. Isauro García Ramos.
- Ave Verum. Jean Paul Lécot.
- Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
- Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. Jean Paul Lécot.
- Anima Christi. Marco Frisina.
Os acordes ao órgano da Marcha do Antigo Reino de Galicia a cargo de Nemesio Gutiérrez deron remate a este acto de confraternización.
Nas imaxes, interiores da catedral de León e de Lugo, respectivamente.


Ningún comentario:
Publicar un comentario