O pasado día 5 de novembro o Orfeón foi convidado por medio do seu Presidente, a participar na homenaxe a Francisco Cacharro Pardo con motivo dos dez anos do seu pasamento.
O acto tivo lugar no salón de actos da Facultade de Veterinaria desta cidade conducido polo noso Presidente, Xulio Xiz, coa asistencia da familia, numerosas autoridades, entre elas, o Presidente da Xunta de Galicia, gran número de alcaldes, simpatizantes e amigos do finado.
A actuación da nosa coral estivo dirixa por Abraham Sánchez Pujante e o repertorio interpretado foi o seguinte:
- O voso galo, comadre. Tradicional. Arr.: Miguel Groba.
- Va pensiero. Coro de escravos hebreos da ópera Nabucco. Giuseppe Verdi.
- Himno Galego. Eduardo Pondal / Pascual Veiga.
Nesta última peza fomos acompañados polo gaiteiro Sergio del Río, da agrupación Bágoas da Terra, de Viveiro, quen tamén iniciou o acto interpretando o Himno do Antigo Reino de Galicia.
No transcurso do acto comunicouse por parte de Xulio Xiz e Antonio Giz a existencia dunha exposición itinerante, unha páxina web e un libro da autoría de ambos con numerosas colaboracións que versan sobre a figura do homenaxeado; libro repartido gratuitamente ao concluír a xuntanza.
Na fotografía que segue recóllese un momento da celebración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario