Tamén este ano participamos no programa Nadal na rúa que patrocina a Deputación. Trátase dunha actividade que se desenvolve desde o 15 de decembro ao 4 de xaneiro, tempo no que o centro histórico se converte nun espazo musical vivo grazas ás actuacións itinerantes das corais da cidade en distintos puntos emblemáticos do casco vello, contribuíndo a dinamizar as compras de Nadal e a ambientar o recinto amurallado.
As corais participantes foron as seguintes:- Cantar Delas
- Coral Polifónica Xolda
- Schola Gregoriana Lucense
- Coro Xove de Lugo
- Coro do Hospital de Lugo
- Coral Lucus Terra
- Sólo Voces
- Conxunto Vocal Lugh
- Coral Cantigas e Flores
- Coral Ecos do Miño
- Orfeón Xoán Montes
- Asociación Músico Vocal Xeada
- Orfeón Lucense
- Coro Xuvenil de Lugo
Ao Orfeón Lucense correspondeulle actuar o sábado, 27 de decembro, facendo catro pases de vinte minutos, en San Pedro cruce con rúa do Progreso, rúa da Raíña, Fondo da Praza Maior e Praza do Campo, respectivamente; e o luns, 29 de decembro, tamén con catro pases de vinte minutos, en Santo Domingo, Rúa da Raíña, Conde Pallares cruce con Doutor Castro e Praza do Campo, respectivamente.
En cada un dos lugares en que actuamos a directora elixiu unha selección de panxoliñas do repertorio preparado para este Nadal, que foi a seguinte:
- En una choza. M. Praetorius.
- Nosa Señora. Tradicional de Galicia.
- The First Noel. Trad. inglés. Arr. John Stainer. (*)
- No pendello. Tradicional de Galicia.
- Noche de Dios. F. X. Gruber. Arr. José Castiñeira.
- Gaudete. Piae Cantiones. (*)
- Noite boa. José Castiñeira.
- Linda Noite. Popular de Portugal.
- Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
- Con un sombreiro de palla. Tradicional de Galicia. (*)
- African Noel. Trad. africano. Arr. Victor Johnson. (*)
- En el portalín de piedra. Víctor Manuel San José. (*)















