Coros por la Paz é unha iniciativa que naceu coa pretensión de unir a través da Música a persoas de toda Europa no desexo de que termine a guerra de Ucraína e todas as demais guerras que existen no mundo.
A idea era que o sábado 27 de marzo ás 12:00 toda Europa entoase o canon de Mozart Dona Nobis Pacem.
Os coros de Lugo non podían faltar e entre eles o Orfeón Lucense. Todos reunidos na Praza de Santa María á hora convida, dirixidos por Pablo Rico Echegaray, cantamos coa voz e o corazón nun acto de gran respecto e emoción para facer realidade o desexo de PAZ.
Enlazamos o vídeo do momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario