A Coral Polifónica Vilalbesa, a Coral Polifónica Luar e o Orfeón Lucense, dirixidos por Uxío García Amor, José Miguel Díaz Coira e Marcos Manuel Fernández Mosquera respectivamente, ofreceron ao público unha selección musical composta por panxoliñas, cantos tradicionais e modernos.
O repertorio interpretado polo Orfeón foi o seguinte:
- Drop, drop slow tears. O. Gibbons.
- Linda noie. Popular do Algarve.
- Gabriel's oboe. E. Morricone. Arr. P. Rowlands.
- Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés. Arr. D. Antolí i Plaza.
- O meu amor mariñeiro. X. L. Rivas. Arr. Bieito Blanco.
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, agradeceu a participantes e ouvintes a súa presenza. O concerto rematou coa entrega de obsequios a representantes das tres corais e para concluir a xuntanza degustamos unha cea de confraternidade.
O Orfeón agradece a acollida e o trato dispensado polos anfitrións, cos que esperamos volver a coincidir pronto. Foi un pracer compartir música, escea e mantel con estas agrupacións corais, xa amigas.
Cartel do XXXIV Festival de Polifonía e Panxoliñas
Un momento da actuación en Vilalba
Ningún comentario:
Publicar un comentario