Iniciamos a participación do Orfeón nesta Semana Santa coa actuación na Misa solemne do Domingo de Ramos que deu comezo despois da bendición das palmas e ramos que habitualmente tén lugar na Praza de Santa María.
Presidiu a celebración o bispo da diócese, monseñor Carrasco Rouco, auxiliado por membros de distintos estamentos eclesiásticos e con numerosa asistencia de fieis.
O Orfeón dirixido pola súa titular, Sara Nebra, e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez, interpretou o seguinte repertorio:
- Dios mío, Dios mío. Salmo.
- Cristo por nosotros. Francisco Palazón.
- Deus do Universo. Luís Olano.
- Sanctus-Benedictus. Missa brevis. Jacob de Haan. (arr. Abraham Sánchez Pujante).
- Agnus Dei. Missa brevis. Jacob de Haan.
- Eucaristía. A. Fdez. León (Taizé).
- Ánima Christi. Marco Frisina.
Debemos facer constar aquí a estrea neste día das novas gradas do coro da Catedral, feito co que a nosa agrupación puido ver cumprida unha das súas peticións desde hai ben tempo.
Agradecemos infinitamente esta xestión á nosa compañeira Trinidad Vázquez Luaces e á Diócese de Lugo, pois a nova ubicación dos coristas e a directora redunda en beneficio da seguridade e comodidade de todos os membros e, en suma, dunha boa sonoridade e calidade do canto.
Ao remate da misa, numerosos fieis acompañaron a procesión da Borriquita, que percorreu as principais rúas do casco histórico da cidade neste día solleiro e de bonanza primaveral.
Así finalizou a grata xornada, da que adxuntamos imaxes tomadas da páxina web da Diócese de Lugo.


Ningún comentario:
Publicar un comentario