Seguindo a tradición eclesiástica, tivo lugar na Catedral de Santa María a vespertina Misa da Cea do Señor, en lembranza da última cea que Xesús celebrara cos seus discípulos antes do seu prendemento. Con ela iníciase o Triduo Pascual que finalizará o Domingo de Resurrección.
A cerimonia estivo presidida polo prelado da diócese, monseñor Carrasco Rouco, e contou coa asistencia de diferentes membros do clero, acólitos e numerosos fieis.
O Orfeón, dirixido por Sara Nebra, e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez González e Andrés Gutiérrez Fernández interpretou as seguintes composicións:
- Alrededor de tu Mesa. Francisco Palazón.
- Kyrie. Misa Pro Europa. Jacques Berthier.
- Gloria. Misa Pro Europa. Jacques Berthier.
- El cáliz que bendecimos. Salmo. Francisco Palazón
- Interleccional. José Castiñeira.
- Jesús, el Señor. José Castiñeira.
- Ubi caritas. Ola Gjeilo.
- Sicut cervus. Giovanni Pierluigi da Palestrina.
- Sanctus. Misa pro Europa. Jacques Berthier.
- Agnus Dei. Misa pro Europa.
- Pan de vida nueva. Marco Frisina.
- O pan do ceo. Xesús Portas Ferro / Isauro García Ramos.
- Pange lingua. Gregoriano.
- Cantemos al Amor. Restituto del Valle / Juan ignacio Busca de Sagastizábal.
Ademais das mensaxes propias da celebración ás que aludiu o prelado, chama a atención nesta data o ritual do lavatorio de pés que o bispo realiza a doce persoas presentes no acto, simbolizando o amor e servizo de Cristo á humanidade.
Finalizada a misa, que neste día non tén bendición final, comezou unha procesión para trasladar o Santísimo a un monumento instalado na capela do Bo Xesús, que lucía especialmente fermosa, mentras se entonaba o Pange lingua gregoriano e Cantemos al Amor.
E para rematar a celebración fixo a saída a Procesión da Santa Cea que percorreu as principais rúas do casco histórico e que foi seguida por un número considerable de persoas.
Acompañamos imaxes da celebración por xentileza da Diócese de Lugo.



Ningún comentario:
Publicar un comentario