sábado, 4 de abril de 2026

Venres Santo 2026

    Despois dunhas breves palabras de introdución e benvida por parte do monitor litúrxico, deu comezo as 18.00 h. a liturxia do Venres Santo na Catedral de Santa María.

  Á entrada en silencio dos celebrantes, presididos polo prelado da diócese, monseñor Carrasco Rouco, e a postración no altar maior durante breves minutos, seguiron as lecturas da liturxia da Palabra e a adoración da Cruz.

    O Orfeón Lucense estivo dirixido pola súa titular, Sara Nebra, e interpretou a capela o repertorio seguinte:

  • Padre, a tus manos. Salmo. M. Manzano.
  • Cristo por nosotros. Francisco Palazón.
  • Pasión de Nuestro Señor Jesucristo según San Juan. José Castiñeira. Arr.: Abraham Sánchez Pujante.
  • Victoria, tú reinarás. André Losay. Arr.: David Julien.
  • Pueblo mío. Ricardo Cantalapiedra.
  • Comiendo del mismo pan. Joaquín Madurga.
  • In Monte Oliveti. Jouzas Naujalis.

  Tivemos a sorte de contar como corista na corda dos Baixos con un dos nosos organistas habituais e antigo director do Orfeón, Nemesio Gutiérrez González, xa que en Venres Santo non debe soar o órgano nin ningún outro instrumento.


 Rematada a celebración, as distintas confrarías organizaron a saída en procesión de todos os pasos que percorreron as rúas lucenses durante toda a semana, procesión que estaba sendo esperada no exterior por numerosos fieis nunha tarde que lucía luminosa e temperada.

    Acompañamos unha imaxe do interior da catedral e unha do exterior tomadas ambas da páxina web da Diócese de Lugo neste día. Agradecidos por compartilas.





    

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario