O Orfeón Lucense ofrece 8 concertos durante o mes de decembro
O Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo, ten comprometidas oito actuacións no decurso deste mes de decembro, entre elas a da inauguración do Belén de Begonte que pregona nesta edición o presidente da Xunta.
A primeira delas será o día cinco, venres, en Begonte, onde ás cinco da tarde cantará a misa na igrexa parroquial e logo ofrecerá un recital de panxoliñas despois do pregon do Nadal que pronunciará o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O día oito actuará na Catedral con motivo da Festividade da Virxe. O 14, celebrará un concerto de Nadal, xunto coa Banda Municipal de Lugo, na igrexa de San Pedro, dentro do ciclo que promove o Concello de Lugo. O 18, actuará na igrexa da Nova, nos actos finais da Novena da Virxe da Esperanza.
O 19, actuará no salón de actos de Abanca, con motivo do Pregón do Nadal. O 27, ás seis da tarde, ofrecerá na capela do Bo Xesús da Catedral Lucense o xa tradicional Concerto de Nadal.
O 28, cantará en Teixeiro con motivo das celebracións do Día da Familia. E o trinta, cantará panxoliñas polas rúas da capital, dentro da Campaña de cantos de Nadal que organiza a área de cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Galicia Dixital (02.12.1014)
Ningún comentario:
Publicar un comentario