sábado, 9 de xuño de 2018

Medalla Castelao para Xesús Mato Mato

O Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, tivo a idea de pedir para Xesús Mato, o seu Director emérito, unha das Medallas Castelao que anualmente concede a Xunta de Galicia. Sendo Mato fillo predilecto deste Concello, o Goberno municipal recolleu o anceio desta agrupación coral, acordando no pleno de 22 de marzo de 2018 “mostrar o apoio e solicitar da Xunta de Galicia se lle otorgue a Xesús Mato Mato a Medalla Castelao do presente ano”.
            Formulada a petición á Xunta de Galicia, comezaron a recibirse adhesións a esta petición que foron sendo remitidas á institución autonómica, resultando un total de 2.157 sinaturas as recibidas, sendo delas 258 correspondentes a institucións, asociacións ou empresas, constituindo en conxunto a proba de apoio popular, institucional, municipal e de colectivos culturais a este singular persoeiro da Igrexa e da Cultura que ve recoñecida unha longa e intensa traxectoria de entrega á súa vocación relixiosa que inclúe un inmenso amor por Galicia, as súas xentes, o seu idioma, a súa música e o seu ser.
            O Concello de Paradela, orgulloso de que Xesús Mato vise aquí a luz primeira, e sexa parte viva da nosa historia e da nosa actualidade, felicita a Xesús Mato Mato por esta merecida distinción, e agradece a todas as institucións, asociacións, empresas e particulares, o seu apoio, sen dúbida decisivo para conseguir este magnífico e xusto galardón.
                                                          Xulio Xiz, Presidente do Orfeón Lucense

Ningún comentario:

Publicar un comentario