venres, 30 de novembro de 2012
xoves, 29 de novembro de 2012
XXV Aniversario da Escola Oficial de Idiomas
Dirixe Marcos Fernández; salón de actos do Conservatorio de Música.
O salutaris hostia (Lorenzo Perosi)
Dadme albricias (villancico s. XVI)
Canto de berce (R. Groba)
Eu de Marín ausenteime
Maite (Pablo Sorozábal)
Va pensiero (Verdi)
Swing low, sweet charriot
Noche de paz
Benedicat vobis.
xoves, 22 de novembro de 2012
Cumpreanos do Padre Mato
Na Nova e coincidindo co día de Santa Cecilia, o Orfeón participou nunha homenaxe ao seu director, Xesús Mato, polo seu 80º aniversario, cantando na celebración da misa e ofrecendo un breve concerto posterior.
(No coro)
Canticorum jubilo
Misa de Palazón: Santo e Señor ten piedad
Misa de Castiñeira: Año de Deus
O salutaris hostia, de Lorenzo Perosi.
Mas cerca oh Dios de Ti
(No altar)
Va pensiero, de Verdi.
Swing low
Canto de berce
Benedicat vobis, de Händel
![]() |
| (Foto: La Voz de Galicia) |
Programa:
(No coro)
Canticorum jubilo
Misa de Palazón: Santo e Señor ten piedad
Misa de Castiñeira: Año de Deus
O salutaris hostia, de Lorenzo Perosi.
Mas cerca oh Dios de Ti
(No altar)
Va pensiero, de Verdi.
Swing low
Canto de berce
Benedicat vobis, de Händel
mércores, 14 de novembro de 2012
venres, 26 de outubro de 2012
Nun libro de Galinova
O Orfeón Lucense, no libro de música de 1º de Eso da Editorial Galinova
Unha fotografía do Orfeon Lucense co seu Director, Xesús Mato, obtida na escalinata do Pazo Bispal de Lugo, figura entre as ilustracións do libro de MÚSICA, publicado por Galinova Editorial para o primeiro ciclo da ESO.
Das agrupacións corais de Galicia aparecen fotografías, ademais da do
Orfeón Lucense, a da Coral Polifónica El Eco (A Coruña), o Real Coro Toxos
e Frores do Ferrol e a Coral de Ruada de Ourense.
Polo que á provincia de Lugo se refire tamén figura a Banda Municipal de
Chantada, a portada de “Galicia canta ao neno” de Fuxan os Ventos e
cadanseu retrato de Xoán Montes e Florencio, o cego dos Vilares.
O libro, promovido polo equipo didáctico desta editorial coruñesa, editado
en galego e centrado na música desde unha perspectiva galega, enmárcase no
“Proxecto Século XXI”.
X. X. (Orfeón Lucense), 2012-10-24
(en Galicia Dixital)
xoves, 27 de setembro de 2012
Pasamento de Enrique Aguiar (Igrexa de San Pedro)
Familia e Amigos de Enrique Aguiar: O Orfeón Lucense vén de cantar e vai seguir cantando na honra de Enrique, un dos seus compoñentes máis veteranos, e un dos que participaba connosco con maior fervor.
Estou, estamos seguros, de que Enrique nontiña moi claro onde remataba a súa familia e onde comezaban os seus amigos. E nós tampouco, porque Enrique era da familia. No decurso dos anos, os compoñentes deste colectivo van entrando nel. E algúns vanse porque as circunstancias o esixen, e outros quedan toda a vida. Enrique era dos de toda a vida. Amaba o canto con todas as súas forzas. E amaba o Orfeón como só se quere á familia, e á propia vida.
Tenme contado que na súa longa vida de traballo viaxeiro programábase para volver a Lugo a tempo dos ensaios do orfeón. E onte a súa familia confiábame que ten cortado as vacacións, aprazado xuntanzas familiares, para cumprir co que consideraba un deber: cantar no Orfeón.
Nesta súa enfermidade ten asistido como espectador a diversos concertos, e todos llo agradecíamos porque sabíamos da súa devoción, e el sabía que contaba co agarimo de todos nós, gañado momento a momento en máis de tres décadas como compañeiro entusiasta.
E este Corpus, no que o Orfeón -como coro da Catedral- cantou nas solemnidades relixiosas, Enrique subiu as empinadas escaleiras do coro da Catedral, e, situándose xunto a nós, púxose a cantar. Non importaba que a súa voz non soase, impedida polas eivas da enfermidade: el era parte imprescindible do Orfeón, e cantaba con el.
E agora correspóndenos o difícil labor de despedir a Enrique, que deixará de estar fisicamente connosco. Pero sabemos que sempre estará aquí... Dunha banda, porque a súa filla María José forma parte vital da nosa agrupación, co entusiasmo de seu pai. Pero de xeito especial porque a xente como Enrique, entusiasta, alegre, compañeira, pode irse co corpo, que o corpo é feble e cansa, pero quédase coa alma, inmortal, viva sempre, que se reflicte en todos os actos da vida, e en Enrique era manifestación permanente de bonhomía, de participación, de ser e de estar, de trascender.
En ocasións coma esta, eu creo que o Orfeón canta mellor ca nunca, porque tamén lle sae da alma. E o que cantamos é para todos vós, pero especialmente para Enrique, que seguro nos acompaña co canto, no sentimento. A Enrique gustáballe especialmente que Marcos, o noso director adxunto -o primeiro director, Xesús Mato, vai oficiar a misa- cantase a Ave María de Schubert. Porque hoxe cantamos para Enrique as súas cancións, as que deixou pedidas, como o Sweet low, que tamén soará. Hoxe cantamos con Enrique, para Enrique. Porque niso somos tremendamente ricos. Cada un dos compoñentes que se vai déixanos marcados, co seu carácter, co seu entusiasmo, coa súa participación. Enriquécenos.
Enrique era do Orfeón; o Orfeón é de Enrique. Cando cantemos, canta Enrique Aguiar. E todos estamos convencidos de que, agora mesmo, cando aplaudamos, aplaudimos tamén a Enrique, e el correspóndenos -coma sempre- co seu sorriso de home de ben, familiar, amistoso, de todos nós, noso.
Por Enrique Aguiar, compañeiro e amigo!
domingo, 9 de setembro de 2012
O Cebreiro
O curso abriuse para o Orfeón Lucense no Cebreiro.
Dirixidos por Marcos Fernández, cantamos na celebración da Misa do Milagre para a multitude de leoneses e galegos que enchían o campo da festa.
sábado, 23 de xuño de 2012
Arde Lucus 2012
Invitado polo Concello de Lugo, o Orfeón non quixo faltar á festa en que os lugueses e luguesas celebran as súas orixes romanas.
Na Praza do Cantiño, escoltado pola lexión VI e baixo a dirección de Xesús Mato, o Orfeón ofreceu, en palabras do seu presidente, Xulio Xiz, un breve percorrido pola historia da música, con diferentes cancións en latín e galego. Previamente, Ramón García realizou unha breve representación moi aplaudida polos asistentes.
luns, 14 de maio de 2012
domingo, 13 de maio de 2012
sábado, 12 de maio de 2012
domingo, 8 de abril de 2012
Domingo de Pascua
Programa:
Resucitó, de K. Argüello.
Misa Pascual de J. Castiñeira: Señor ten piedad e Gloria.
Aleluia de Josquin des Prez.
Misa Pascual: Cordero de Dios.
Comuñón: Ecce Panis, de J.A. Moreno Fuentes.
Ti é-lo Pan do Ceo.
Reina del Cielo, de J. Castiñeira.

domingo, 1 de abril de 2012
Domingo de Ramos
Debido ás obras de restauración do Altar Maior da Catedral, a Misa de Ramos celebrouse na capela do Bo Xesús, e o Orfeón cantou desde o triforio.
Programa:
Cantos da Misa a partir do Ofertorio (órgano suave a cargo de D. José Molejón)
Ofertorio: Ave verum, de Mozart.
Santo e Año de Deus, da Misa galega de José Castiñeira.
Comuñón:
Locus iste, de A. Bruckner (a capela).
Más cerca, oh Dios, de Ti.
Canticorum jubilo.

luns, 19 de decembro de 2011
En Betanzos
O pasado 18 de decembro, o Orfeón Lucense actuou na Aula de Cultura Liceo durante a VI Mostra de Corais 2011 e 43º Festival de Nadal que organizou a Coral Polifónica de Betanzos. Ademais desta, participaba tamén a Coral Polifónica Estradense.
Após a actuación das tres agrupacións tivo lugar un intercambio de obsequios e, tras a visita ao excelente belén móbil instalado na Casa da Cultura, unha cea de confraternidade verdadeiramente cordial.
domingo, 18 de decembro de 2011
xoves, 30 de xuño de 2011
sábado, 12 de decembro de 2009
Reseña
O Orfeón Lucense estreará o día 18 unha panxoliña inédita de Xoán MontesOs artistas invitados son: Nemesio Gutiérrez, Raúl Galego, A Quenlla, Mini e Mero, Noemi Mazoy e Pilocha
A nova etapa do Orfeón Lucense, con Xesús Mato como director, botará a andar, no que ás actuacións se refire, o vindeiro día 18 cun concerto especial de Nadal, no que esta formación estará acompañada no escenario por unha serie de artistas invitados, como Mini e Mero, as compoñentes femininas de A Quenlla, Noemi Mazoy, Pilocha, o gaiteiro Raúl Galego e o organista Nemesio Gutiérrez, que ademais ocupou durante varios anos a presidencia do Orfeón Lucense.
Este concerto, de entrada libre, constará de dúas partes: unha primeira composta de pezas clásicas universais de diferentes países europeos e de temas populares españois, e unha segunda formada por panxoliñas populares galegas. Entre unha parte e outra terá lugar unha estrea de luxo: a dunha panxoliña inédita de Xoán Montes, que leva por título En Belén hai moita festa.
A presentación deste concerto tivo lugar onte na galería Sargadelos de Lugo e correu a cargo de Xulio Xiz e Xesús Mato, presidente e director, respectivamente, do Orfeón Lucense, de Ramón García Otero, director de actividades desta formación, e de José Antonio Vázquez, alcalde de Begonte. Este será precisamente un dos concellos no que se celebre este concerto especial de Nadal, que tamén terá lugar en Vilalba. Estes concertos non se limitarán a ser unha mera interpretación de pezas, senón que haberá unha explicación previa de cada unha, para que o público saiba de que van.
![]() |
| Noemi Mazoy actuando ante algúns membros do Orfeón Lucense |
venres, 1 de agosto de 2008
A festa do Orfeón Lucense, por Xulio Xiz
Efectivamente, fixemos festa os compoñentes do Orfeón Lucense, agrupación que me honro en presidir.
Coidamos que a ocasión o merecía, se temos en conta que se cumpriron cento vinteoito anos desde a fundación do primeiro Orfeón por Xoán Montes, e vintecinco desde a refundación polo lembrado José Castiñeira Pardo, crego e músico, mestre de música da Catedral, o que tamén nos ten convertido desde este “re-nacemento” no coro oficial da Catedral lucense.
Por pouco non somos o primeiro de Galicia, pero aínda que Xoán Montes é un dos músicos galegos máis destacados, gañoulle pola man por pouco Pascual Veiga, tamén desta terra, tamén inspirado compositor, que tivo no seu haber a creación e dirección de destacadas agrupacións musicais.
Xa que había que celebrar esta doble efeméride, miramos hacia atrás escribindo a nosa historia –a longa e a máis curta- do que se encargaron o musicólogo Juan Bautista Varela de Vega (lucense, académico en Valladolid, prestixioso investigador) e a profesora Ruth Fernández Fernández (escritora, investigadora e membro do Orfeón).
Premiamos a lucenses que fixeron e fan historia no mundo da música, entre os que están Mini e Mero (fundadores da mítica “Fuxan os Ventos”), o crego investigador Xesús Mato, o director Indalecio Fernández Groba, o compositor Alejandro Besteiro Silva, o organizador José García Gesto, o organista José Molejón, as cantantes Pilocha e Noemí Mazoy, e a título póstumo Enrique Alvarellos e Francisco Méndez. Así mesmo foron distinguidos os socios do Orfeón que levan participando desde a súa fundación, e a título póstumo Mercedes Álvarez Maristany.
Fixemos dous encontros de música sacra con este motivo, editamos unha medalla de Sargadelos, lembramos a figura do noso fundador e erguemos un monumento á súa memoria na nova Praza do Seminario, obra do escultor mindoniense Juan Puchades Quilis.
Un cuarto de século
Certo que houbo diversos actos relacionados con Lugo, a música, os cantores lucenses e o Orfeón, que rexistraron unha destacada asistencia por parte dos simpatizantes desta agrupación, de antigos membros, de lucenses que gostan da música, e non sabería dicir cal deles foi o máis entrañable ou digno de lembranza, pero o certo que unha vez rematadas as celebracións quédanos un regustiño satisfactorio por ter cumprido coa obriga que marcaba este aniversario. Porque cumprir vintecinco anos nunha agrupación cultural é moi importante, máis se arredor de nós temos moitos dos fundadores que ou seguen participando, ou –retirados da vida cantora activa – ven con simpatía e apoian moralmente a marcha da nosa colectividade.
Honramos ó fundador e ós que levan vintecinco anos como cantores mozos –a música fai novos ós que a practican-, publicamos un libro sobre douscentos anos de música na Catedral de Lugo, obra de Juan Bautista Varela de Vega, e inauguramos oficialmente local propio que, con traballo pero tamén con infinita satisfacción, temos aberto ós lucenses no número cinco da rúa Cruzamento.
Superada esta proba que nos impuxemos, haberá que buscar novas metas que nos marquen traxectoria e introduzan na nosa vida colectiva de ensaiar-cantar, marcada pola satisfacción permanente de facer o que nos gosta, ese punto de aventura que sempre convén nunha agrupación que só rexistra o peso da historia para camiñar repousada polos vieiros da música, e a responsabilidade do nome que levamos para saber que –por denominación, e tendo sempre moi en conta o resto das agrupacións lucenses- onde cheguemos queda moi clara a nosa procedencia e pertenza a unha cidade bimilenaria que –por antiga e por culta- sabe de música e de celebracións.
Futuro
Ninguén sabe o que o futuro lle depara. Pero estamos abertos a el. Queremos seguir disfrutando da música, de toda a música. Queremos seguir cantando, na Catedral e fóra dela. Se hai xa dezaoito anos representamos a zarzuela “Non chores, Sabeliña”, como homenaxe a Trapero Pardo aínda en vida; se creamos un “Concerto galego comentado” que seguimos a interpretar onde nos chaman; se levamos nove edicións de concertos internacionais de música sacra, non podemos deixar que as celebracións pasadas nos permitan recrearnos satisfactoriamente no realizado. Quédanos moito que facer, e estamos collendo carreira para seguir traballando pola música e por Lugo.
Galicia digital (1.08.2008)

domingo, 28 de outubro de 2007
En memoria del padre del moderno Orfeón Lucense
Inauguran en Lugo un busto dedicado al músico José Castiñeira
«Yo diría que se parece más al hermano», le decía ayer a mediodía una mujer a otra, mientras observaban el busto commemorativo del fundador del Orfeón, José Castiñeira, poco después de la inauguración del mismo en la plaza de Ramón Ferreiro, junto al Seminario.
Allí estuvieron todos los miembros del Orfeón, amigos y familiares de Castiñeira (fallecido en 1989), representantes de todos los grupos políticos -a excepción del alcalde, que estuvo en todos los actos previos, pero que tuvo que ausentarse en este último-, el obispo, Fray José Gómez, quien señaló en su intervención que la escultura «emblemática» se encontraba «junto a su casa, junto a la mía y junto a la de todos».
El autor, el escultor Juan Puchades, también asistió a la inauguración y explicó que la elaboración fue «bastante latosa, porque aunque la documentación fotográfica era muy buena, las gafas deshacían la forma de la cabeza y me costó bastante verle los ojos». En efecto, en la escultura de bronce, el que fuera fundador del actual Orfeón y rector del Seminario durante años, aparece sin gafas y con una expresión tranquila, característica que resaltaron quienes lo conocieron.
El presidente del Orfeón, Xulio Xiz, fue el encargado de iniciar la ronda de intervenciones junto a la tumba de Castiñeira en la ofrenda, que se celebró antes de la inauguración de la efigie. Xiz comentó que allí, junto a su lápida, se congregaban todas sus familias: la biológica, la religiosa, la musical y la lucense, en referencia a los ciudadanos que presenciaron los distintos actos del homenaje. En la misa que inauguró el programa de homenaje y que se celebró en la Catedral, el hermano y el sobrino de Castiñeira, los religiosos Manuel Castiñeira y Luis Varela, respectivamente, también elogiaron la manera de ser del protagonista de la mañana y autor de dos de los temas que cantó el Orfeón: Misa Galega y Reina del Cielo Junto al Seminario, el obispo también engrandeció la figura de Castiñeira, «un gran amigo, gran Padre, gran compañero, a quien le salían las canciones del corazón... Hoy estamos todos de enhorabuena, a ver cuándo podemos hacer otro homenaje a otro cura ejemplar de los muchos que hay en el mundo». La presencia de Fray José Gómez, que ha estado varios meses convaleciente, suscitó cierta expectación entre los asistentes y motivó que muchos de ellos se acercasen a él para interesarse por su estado de salud.
«No siempre tenemos esperanza, y es lo que más necesitamos. José Castiñeira, con sus canciones, nos ayuda a tenerla», concluyó el obispo poco antes de que un niño, el más joven de los miembros del Orfeón, depositase un ramo de flores a los pies de la escultura mientras se retiraba la bandera que la cubría y el rostro en metal del religioso y músico quedaba al descubierto.
El autor de la obra aplaudió satisfecho y comentó que lo más difícil del proceso de elaboración, que duró aproximadamente dos meses, fue captar la expresión interior del músico. «Con un busto, siempre trata de captarse esa expresión y es complicado, sobre todo en un caso como este, en el que no tienes delante a la persona y has de basarte en fotografías», matizó.
La única intervención política del acto fue la de la concejala de Economía, Sonia Méndez, en representación del alcalde, José López Orozco. Junto a ella estaban otros representes de los diferentes grupos de la corporación lucense.
luns, 1 de outubro de 2007
Armando Cotarelo, novo director do Orfeón Lucense
Armando Cotarelo ven de ser nomeado Director do ORFEÓN LUCENSE, agrupación que acaba de celebrar o seu primeiro cuarto de século de existencia despois da fundación por José Castiñeira Pardo e os 128 anos da primeira agrupación fundada por Xoán Montes Capón.
Cotarelo substitúe no posto de director a Nemesio Gutiérrez, que desde o pasamento do fundador en 1989 ata o presente ano tivo a responsabilidade do Orfeón Lucense e da Escolanía José Castiñeira da Deputación Provincial de Lugo.
O novo director, Armando Cotarelo, profesor de guitarra, ten dirixido varias corais de Lugo e provincia, e leva máis de corenta anos vencellado coa música e formando parte de diversas agrupacións.
Nemesio Gutiérrez deixa a dirección desta agrupación por motivos persoais, se ben seguirá formando parte do Orfeón, co que está vencellado desde a súa fundación, e antes desta co mestre Castiñeira na Schola Cantorum do Seminario de Lugo.
O novo director foi presentado días pasados ó Cabido da Catedral, xa que o Orfeón é o coro oficial do primeiro templo lucense, e ós membros do Orfeón nun acto de comezo de curso no que participou tamén Nemesio Gutiérrez.
A primeira vez que o Orfeón vai actuar co novo Director é na Misa de San Froilán, o día do patrón lucense, no altar maior da Catedral Lucense. O próximo 12, Domingo das Mozas, cantará a tradicional misa en latín que se celebra na igrexa de San Pedro coincidindo coa feira medieval.
No remate da súa etapa como Director, forzado polas circunstancias, o Orfeón Lucense quere agradecer publicamente a Nemesio Gutiérrez o seu traballo e esforzos durante case vinte anos, conseguindo levar a esta Agrupación a un moi digno nivel, mantendo a posición e a traxectoria marcada polo fundador, e proporcionando á colectividade, ademais de formación musical, un clima de convivencia e amizade do que todos somos beneficiarios.
en Turismo Galicia Digital

venres, 26 de xaneiro de 2001
Reseña
Referencia ao Orfeón Lucense na páxina web do Coro Mixto Peña Santa de Cangas de Onís, con reseña a cargo do seu director, Nemesio Gutiérrez, e algunhas interpretacións anteriores ao ano 2000.
Ler aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)