Tal día como hoxe en 1989 falecía en Lugo Don Xosé Castiñeira Pardo, un dos nosos músicos senlleiros á vez que home ilustrado, de ampla formación musical e humanística.
Non detallaremos aquí a súa completísima biografía, pois pode consultarse no enlace ao post que este blog lle adicou no trinta aniversario do seu pasamento. Nesta data queremos rememorar á quen refundou o Orfeón Lucense no ano 1982, ao compositor, director, divulgador e posiblemente ao máis salientable pedagogo musical lucense do século XX.
Don Xosé sempre é a figura de referencia para o Orfeón. A súa imaxe preside no local todos os ensaios. As súas composicións están presentes en case todas as celebracións litúrxicas e demais actuacións.
Unha lembranza agarimosa da persoa que, segundo refiren os compoñentes máis veteranos do coro, coidaba con esmero á vez que con enerxía e carácter cada detalle e cada compoñente ata conseguir un grupo humano que harmonizase no musical e tamén no persoal. D.E.P.
Inserimos a continuación o vídeo dunha das súas composicións interpretada pola nosa formación coral: Noite boa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario