Por invitación do Orfeón Xoán Montes este sábado concurrimos a Coral Polifónica de Agolada e ambos Orfeóns para dar un concerto de outono no Círculo das Artes.
Ante unha gran afluencia de público, a pesar da climatoloxía adversa, cada coral interpretou o seu repertorio, comezando pola pontevedresa, dirixida por Alejandro Piñeiro. A continuación actuou o Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera e por último o Orfeón Xoán Montes baixo a batuta de Miguel Ángel Mouriz.
Finalmente as tres corais, Coral Polifónica de Agolada, Orfeón Xoán Montes e Orfeón Lucense interpretaron xuntos, acompañados da gaita galega, a peza popular galego-portuguesa A saia da Carolina.
Ao remate do concerto o coro anfitrión entregou sendos agasallos aos representantes das corais convidadas.
A continuación enlazamos o tríptico do concerto no que figuran os tres repertorios interpretados no acto así como unha breve historia das tres agrupacións corais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario