O sábado pasado inaugurouse por quincuaxésima vez o Belén de Begonte. En 1972 Xosé Domínguez Guizán e Xosé Rodríguez Varela empezaron a traballar na idea de construir un belén coas peculiaridades dunha aldea do interior de Galicia. A idea fructificou, engadíndolle cada ano novos elementos ata o que coñecemos na actualidade, cincuenta anos despois.
Deu comezo o acto coa presentación a cargo do noso Presidente e membro do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, que salientou a particularidade de dita celebración e fixo unha semblanza da historia do Belén.
Por ser unha celebración especial e por ser o primeiro ano do seu mandato como prelado da diócese, Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo - O Ferrol, foi o pregoeiro do nadal begontino.
O ilustre pregoeiro convidou aos presentes a ver o 'pequeno milagre' que é o belén cos ollos dun neno e adicoulle ao Neno que nace un poema de Manuel Regal titulado Que ben que viñeses, Xesús como acollida ao seu nacemento.
O Orfeón dirixido por Marcos Fernández Mosquera e a banda Sons e Soños por Armando Morales puxeron o acompañamento musical ao evento, en ocasións conxuntamente.
A nosa agrupación coral acompañou a misa e ao final ofreceu un pequeno concerto. O repertorio foi o seguinte:
Misa:
- El tamborilero. K. K. Davis. (Acomp. pola banda Sons e Soños).
- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Noche de Paz. F. X. Gruber. Arr. X. Castiñeira. (Acomp. pola banda Sons e Soños)
Concerto:
- En una choza. M. Praetorius.
- Linda noite. Popular do Algarve.
- La vieja. Trad. española. Harm. A. Parker e R.Shaw.
Ningún comentario:
Publicar un comentario